Animación á lectura

Orella Pendella , unha páxina a ter en conta

Pedro Miñol tiña unha col

NovoPedro Miñol tiña unha col.
Veu a cabra e comeu a col.
Veu o pau e pegoulle á cabra.
Veu o lume e queimou o pau.
Veu a auga e apagou o lume.
Veu a vaca e bebeu a auga.
Veu a corda e atou a vaca.
Veu o rato e rilou a corda.
Veu o gato e comeu o rato.
Veu o can e comeu o gato.

www.orellapendella.org

Agencia de Lectura

Teo crea una agencia de lectura para recibir fondos para la futura mediateca de Cacheiras.

sigue

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS

Dende o Equipo de Normalización queremos poñernos en contacto con tod@s vós nesta etapa de confinamento para desexarvos que a boa saúde sexa a gran protagonista e animarvos a seguir así coidándovos para prepararse a volver á normalidade que tanto desexamos.

Xa sabedes que neste mes sempre festexabamos o Día das Letras Galegas recordando a figura dun escritor galego, este ano adícase a Ricardo Carballo Calero.

Se miramos un pouco a súa biografía e a súa obra sacamos como conclusión que a lingua galega ademáis de falala, lela, escribila e pensala tamén a soñaba.

Eses soños caracterizábanse pola ilusión de que a cultura galega se espallase por todo o mundo, iso explica a súa admiración pola lingua e cultura portuguesa.

Unha das súas obras que seguro vos gusta é "As pitas baixo a choiva", no seu relato recorda un feito que pasou cando era neno: Un día de choiva, as pitas mollábanse polo que decidiu cobixalas no galiñeiro, como non foi capaz precisou a axuda dos seus familiares e tod@s acabaron mollados como pitiños.Pode ser interesante esta actividade interactiva: https://primaveradasletras.gal/as-pitas-baixo-a-chuvia/

 
 

Os que queirades podedes recrear esta historia con debuxos, viñetas ou calquera idea que se vos ocurra e así seguir soñando igual que o facía Ricardo Carballo Calero.

Feliz viaxe a tod@s neste soño.

* Se alguén se anima a compartir os seus soños a dirección é a seguinte: bibliotecacradeteo@gmail.com

 

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.

EU SON O MUNDO

Eu son o mundo, e o mundo son eu,

porque a través dos meus libros

podo ser o que queira.

Palabras e debuxos, prosa e verso

trasládanme a lugares que estan

lonxe e preto ao mesmo tempo.

Na terra dos sultáns e do ouro, mil

historias que falan de alfombras

voadoras, xenios de lámpadas

marabillosas, sacaúntos e simbades,

cóntanlle os seus segredos a

Sherezade.

Con cada palabra de cada páxina ,

vaixo no espazo e no tempo. E

coas ás da fantasía, o meu espíritu

cruza o mar e a terra. Canto máis

leo, máis comprendo que co meu

libro estarei sempre na mellor das

compañias.

Hani D. Ei_Masri.Cartel Anunciador Dia Internacional del Libro Infantil

En Tempos de .....

Nos Tempos de María Castaña
 
Un día, estando na Abilleira a familia toda, a avó e maila netiña foron dar un paseo. Era xa a tardiña, pero aínda ía calor, polo que de alí a un pedazo, sentaron os dous á sombra dun gran castiñeiro.
Era este un castiñeiro moi fermoso, verde, de follas grandes que só deixaba pasar unhas pequenas raiolas de sol.

O avó dixo que aquel castiñeiro levaba alí desde que a familia fora vivir para aquelas terras, por aló polos tempos de Maricastaña.

- Avó,… ¿por qué dis que foi nos tempos de Maricastaña? ¿Qué queres dicir? ¿Cando foi iso?

- Hai moito, moito tempo, Sabeliña.
Cando eu falo dos tempos de Maricastaña quero dicir que xa hai moito tempo que os pais dos meus pais viñeron vivir para estas terras; que xa pasou moito, moito tempo desde entón.

- Pero ¿quen era esa señora? ¿quen esa Maricastaña?¿por qué falas dela?.

- Mira, Sabeliña, Maricastaña foi unha muller que existiu de verdade, e que viviu hai mais de seiscentos anos nun sitio da Provincia de Lugo, alá por Terras de Lemos.
Foi unha señora moi coñecido porque, unha vez, protestou polos impostos que lle mandaban paga-los recadadores do Bispado de Lugo. A ela parecéronlle moitos cartos e sendo como era unha muller moi decidida, xuntouse con outras persoas que estaban na mesma situación e todos xuntos decidiron protestar, primeiro de palabra e despois pola forza.

As palabras non foron escoitadas e entón Maricastaña encheu o mandil de pedras na Praza Maior de Lugo e berrou: ¡A eles que son poucos!. As pedras caían coma un trebón nas cabezas dos recadadores de impostos. Os compañeiros de Maricastaña non o pensaron dúas veces e tamén agarraron pedras e coios contra os cobradores que non tiveron máis remedio que escapar ás carreiras cara á Catedral. Pero alí mesmo foron apedreados. Un deles quedou ferido de morte.

O suceso correuse entre as xentes como a pólvora. Todos falaban da revolta de Maricastaña e os seus compañeiros. Pero a cousa non quedou así, porque diante dun delicto coma aquel, no que tomaron a xustiza pola man, tivo que se presenta-la Xustiza e detivéronos. Maricastaña chegou a ser condenada a morte, da que librou gracias ó favor do Rei e a pagar unha forte multa. Así puido seguir con vida e volver ás Terras de Lemos. O que ninguén puido evitar foi que, desde aquelas, a xente empregara esa expresión que eu che dixen: … foi nos tempos de Maricastaña… para indicar que aquilo foi xa hai moito tempo.

 

Mero. Elaboración da lenda.

     
Distribuir contido