blog da biblioteca

Contadas no xardín: Abril

Ola Amiguiñ@s!!!

Para conmemorar o Día Internacional do Libro infantil e Xuvenil, deixovos unha nova contada no xardín.

Agardo que vos guste!!!

En maio unha nova contada.

 

 

 
 
 

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL 2 DE ABRIL

TODOS OS DÍAS SON O DÍA DO LIBRO NO CRA RAÍÑA ARAGONTA

O día 2 de abril celébrase o Día do Libro Infantil, data de nacemento de Hans Christian Andersen. Trátase, neste día, de fomentar a lectura e pormocionar os bos libros infantís e xuvenís entre os mais cativos. Para o Cra Raíña Aragonta todos os días son o día do libro posto que forman parte esencial da nosa vida e da comunidade educativa. Os libros infantís axúdannos a viaxar, a aprender, a rir, a chorar, a comprender.... Cada vez, imos ampliando os nosos fondos coas propostas que nos achega a comunidade escolar, síntoma de saúde lectora. 

 


Este ano difúndese a mensaxe de Margarita Engle: A música das palabras

 Para celebrar o día do libro os nosos amigos e amigas do CEP Altamira agasalláronnos con este audioconto de Barxilón e un xogo de preguntas. Desexamos que vos guste e dámoslle as grazas ao alumando e profesorado do CEP Altamira por  este superconto!!!!!

 


 

VENRES DE ALUCINE (MARZO)

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

27 DE MARZO

O teatro infantil, ademais de ser un medio de entretemento e diversión para os nenos, tamén serve como ferramenta educativa para transmitirlles unha serie de beneficios que os axudarán a formarse como persoas e a desenvolver moitas das súas capacidades.

Por todo isto, neste mes de marzo, na nosa sección de “Venres de Alucine” ímosllo dedicar ao teatro infantil. Para acceder as obras teatrais só tedes que premer na imaxe.

 

Un saúdo.

 

 

FAMILIAS POETAS

A CASELÍN ENCÁNTALLE A POESÍA!!!!  ESTÁ ENCANTADO COS VOSOS POEMAS! PARA VER AS NOSAS FAMILIAS POETAS PINCHADE NA IMAXE OU ENTRADE NA SECCIÓN DE FAMILIAS LECTORAS!

VIVA A POESÍA!!!!!!!!!!!!!!

 

ROBÓTICA POLA IGUALDADE

Co gaio do Día Internacional da Muller preparamos para vós unhas actividades moi moi chulas cun recurso aínda máis chulo baseado na historia "ARTURO Y CLEMENTINA".

Para descubrilo pinchade na seguinte imaxe:

DÍA DO CONSUMIDOR E SEMANA DA PRENSA

PINCHA NA IMAXE PARA ACCEDER AO 1º CONGRESO DE CINE

NOVIDADES

MIRADE CANTOS CONTOS NOVOS TEMOSSS!!! GRAZAS AO PLAMBE ESTAMOS ENCHENDO A NOSA BIBLIOTECA DE CONTOS MARABILLOSOS.

DENDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA SEGUIMOS TRABALLANDO PARA CATALOGAR E REORGANIZAR TODOS OS NOSOS FONDOS. PINCHA NA IMAXE E DESCOBRE AS NOVIDADES OU VAI A SECCIÓN DE NOVIDADES NO MENÚ DEREITO DESTE BLOG.

 

 

 

DÍA DA POESÍA

CELEBRAMOS O DÍA DA POESÍA CON ALGUNHAS RECOMENDACIÓNS! RECORDADE QUE PODEDES ENVIAR O VOSO VIDEO/AUDIO RECITANDO OS VOSOS POEMAS FAVORITOS AO CORREO DA BIBLIO: bibliotecarainaaragonta@gmail.com Enchamos a nosa páxina de poesía.

 

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

QUE RÁPIDO NOS ESTÁ PASANDO ESTE CURSO, VERDADE? XA ESTAMOS NO MES DE MARZOOOOOO E NESTE MES, ENTRE OUTRAS CONMEMORACIÓNS, CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DA POESÍA.

ESTA SEMANA, QUEREMOS COMPARTIR CON VÓS UNHA POESÍA QUE LLE ENCANTA A CASELÍN E QUE EMPREGA EN MOITAS OCASIÓNS PARA FACER DÚAS POSTURAS DE IOGA.

QUEREDES SABER CAL É? POIS PREMEDE NA SEGUINTE IMAXE

 

 

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA

 

¡ loita polo que queres, vive o teu soño !

 

   

 

Enlace                                                                Sinopse

  

                                                      

 

 

     Equipo de Convivencia

         

 

 

 

 

Distribuir contido