Responder ó comentario

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL 2 DE ABRIL

TODOS OS DÍAS SON O DÍA DO LIBRO NO CRA RAÍÑA ARAGONTA

O día 2 de abril celébrase o Día do Libro Infantil, data de nacemento de Hans Christian Andersen. Trátase, neste día, de fomentar a lectura e pormocionar os bos libros infantís e xuvenís entre os mais cativos. Para o Cra Raíña Aragonta todos os días son o día do libro posto que forman parte esencial da nosa vida e da comunidade educativa. Os libros infantís axúdannos a viaxar, a aprender, a rir, a chorar, a comprender.... Cada vez, imos ampliando os nosos fondos coas propostas que nos achega a comunidade escolar, síntoma de saúde lectora. 

 


Este ano difúndese a mensaxe de Margarita Engle: A música das palabras

 Para celebrar o día do libro os nosos amigos e amigas do CEP Altamira agasalláronnos con este audioconto de Barxilón e un xogo de preguntas. Desexamos que vos guste e dámoslle as grazas ao alumando e profesorado do CEP Altamira por  este superconto!!!!!

 


 

Responder

CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
1 + 0 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.