Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Rega

Imaxe de AnaFernandez

INSTALACIÓN DE ENTROIDO



Esta semana ao entrar na clase de psicomotricidade atopámonos cunha instalación relacionada co entroido.

A través desta instalación creada con diferentes materiais os nenos e nenas construen libremente o seu propio xogo, favorecendo unha aprendizaxe autónoma, creativa e moi motivante. Estiveron investigando, creando, xogando, construindo, interaccionando, experimentando, disfrazándose, bailando, rindo,... o pasaron moi, moi ben como podedes ver no video.

Imaxe de MaríaLopez

24 de Febreiro.Día De Rosalía De Castro

Hoxe, 24 de Febreiro, conmemórase o aniversario da "Escritora profesional" (definición de Pablo) Rosalía de Castro. 

Na escola da Rega homenaxeamos á poetisa traballando o seu retrato e facendo unha pulsera coas letras do seu fermoso nome. 

Imaxe de MaríaLopez

Aurora Boreal e austral II

Exemplo de cando unha obra de arte, como son as auroras Boreais das nenas e nenos, cobra máis beleza no momento en que aparece a LUZ. 

 

 

 

Imaxe de MaríaLopez

Neve!

Esta semana necesitábamos para a mesa de trasvase algo de neve, así que como no noso patio non tiñamos ningunha, claro está, a creamos de maneira artificial. Para iso necesitamos bicarbonato e auga, materiais moi sinxelos, fáciles de conseguir e cos que estivemos manipulando toda a semana.

                 

Imaxe de MaríaLopez

Bícame máis!

Continuamos na semana do amor e o xoves,ademáis de ter propostas cheas de moito corazón, falamos dos CARTEIS. Que eran  os carteis, cómo eran, si aparecían letras, debuxos, fotos, para qué valían, qué tipo de carteis coñecían, etc. De tal forma que pouco a pouco foron descubrindo que tamén os carteis nos informaban de moitas cousas, e que a imaxe ten un papel moi importante. Pois ben, unimos a imaxe (un bico) e a mensaxe de amor e, "et voila" un Cartel con moito amor.

Distribuir contido


by Dr. Radut