Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Rega

Imaxe de MaríaLopez

O Libro dos Bicos

Esta semana, como sabedes, foi a semana adicada ao amor. Comezamos a semana presentando un libro fermoso ¨O libro dos Bicos¨escrito por Xosé Luna Sanmartín e ilustrado por Nuria Díaz, un recopilatorio de pequenos poemiñas con rimas sonoras, un sin fin de propostas educativas e onde o protagonista indiscutible é o BICO. 

Na aula aproveitando este valioso recurso traballamos o texto narrativo, a Poesía; fixemos un xarrón para a Mesa da Paz con bicos de flores (Bicos de flores); almorzamos zume de laranxa (Bicos de laranxa) e finalmente coñecemos a planta do algodón (Bicos brancos)

   

          

 

Imaxe de MaríaLopez

Estalactita e estalagmita

Unha estalactica  e unha estalagmita son depósitos de minerais que se forman por precipitación química no teito ou no chan das covas de caliza debido á decantación de solucións e deposición de carbonato cálcico. 

Pois ben, na Rega investigamos o que era iso das estalactitas e estalagmitas e vimos que as que se forman cando se conxela a auga son diferentes ás das covas. Fixemos un experimento con auga, sal, un fío e clips; creamos un minimundo de estalactitas luminosas e xogamos un pouquiño co poliespán e a forma que teñen as estalactitas e estalagmitas. 

           

Imaxe de MaríaLopez

Aurora boreal e austral

Aurora é o fenómeno atmosférico que consiste na aparición no ceo de manchas e columnas luminosas de varias tonalidades que é producido pola radiación solar, pode observarse de noite nas rexións polares. Aurora boreal no Polo Norte e Aurora Austral no Polo Sur. 

Nós traballamos este fenómeno na aula con luces (CD´s e unha linterna led) e pintamos con rotuladores e un gotero papel de cociña.

 

    

  

          

Imaxe de AnaFernandez

EQUILIBRISTAS EN ACCIÓN



En educación física estivemos traballando o equilibrio de maneiras moi diferentes, con obxectos variados (conos, tubos de cartón, ladrillos, pelotas, saquiños...), en superficies elevadas estáticas (troncos, pedras, ladrillos, bancos, sillas, mesas...) e móviles (colchonetas, táboa e rodillo, tubos, táboa curva...), con zancos..., un sin fin de posibilidades.

Os nenos e nenas esforzáronse moitísimo, descubriron novas formas de equilibrar o seu corpo, os obxectos e as dúas cousas a vez, convertíronse en equilibristas de circo, aprenderon moito e o pasaron xenial.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut