Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available
Imaxe de teresa

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS

Faise pública a lista definitiva de admitidos.

Dado que o número  de solicitudes foi inferior ao número de prazas, todas as solicitudes foron aceptadas.

Lembrade formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño.

Próximamente publicaremos cal é a documentación necesaria para adxuntar coa matrícula.

Imaxe de teresa

ADMISIÓN LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS

Xa está publicada a lista provisional de admitidos na sede

do C.R.A. Ponte da Pedra.

Poderedes consultar esta información chamando ao teléfono

 

981 703 403.

Tamén se pode consultar a listaxe a través da aplicación

admisiónalumnado coa chave 365 ou certificado dixital.

 

Todas as solicitudes presentadas están admitidas; xa que, o

seu número non superou ao de  prazas ofertadas.

 

A formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

Nese mes publicaremos na nosa páxina a documentación precisa

para realizar este trámite.

 

Imaxe de teresa

DIFICULTADES DE CENTRO ANTE A VACINACIÓN DOCENTE


Esta semana iniciouse o programa de vacinación docente contra a COVID19. Entre onte e hoxe, vacináronse 9 mestras  e mestres, o que supón a maioría do claustro.
Como descoñecemos os efectos adversos que pode provocar en nós, neste momento non podemos asegurar que todo o profesorado se poida incorporar mañá ao traballo.
Polo tanto, pode darse a posibilidade  de que algunha aula non poida abrirse por falta de profesorado de garda. Esta situación está en coñecemento da inspección educativa e contamos coa súa autorización.
Pregámosvos que esteades pendentes do Abalar, para saber que escolas se poden ver afectadas.
Desculpade as molestias que isto vos poida ocasionar.
Moitas gracias pola vosa comprensión.

Imaxe de teresa

ADMISIÓN CURSO 2021-2022

· Calendario :

 Prazo Presentación Solicitudes de Admisión: Do 1 ao 22 de marzo ás 14:00h.(Entregar na secretaría da sede (// Anexo II , ou na aplicación online(2.2.2) , ou na Sede Electrónica (do 1 ao 20 de marzo)// + libro de familia ou DNI do alumno/a, así como certificado de escolarización e convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso) .

 Prazo Presentación Documentación Xustificativa: Do 25 marzo ao de 14 abril ás 14:00h.(cando a demanda de prazas sexa superior á oferta deberase presentar documentación: padrón, ...)

 Publicación listas provisionais de admitidos e non-admitidos: Antes do 25 de abril Prazo reclamación: 5 días hábiles a partir do día seguinte a súa publicación. 

 Publicación listas definitivas de admitidos e non-admitidos: Antes do 15 de maio Prazo de reclamación: un mes a partir do día seguinte a publicación deberá presentar recurso de alzada ante a xefatura territorial.

 Formalización de Matrícula: Do 20 ao 30 de xuño (presentación do anexo III)

· Centros adscritos:

 CEIP FOGAR: Escolas de Mirón e Rega

 CEIP BERGANTIÑOS: Escolas de Cances, Sísamo e Xoane

 CEIP GÁNDARA-SOFÁN: Escolas de Artes e Berdillo

· Área de Influencia:

 A área de influencia das escolas do CRA Ponte da Pedra son as parroquias onde se atopa cada escola.

 Zona limítrofes: ver mapa.

 Outra información: Resolución da Xefatura Territorial de Educación da Coruña de data 24/2/16 sobre a modificación de áreas de influencia do concello de Carballo.

 

· Nota informativa:

  Cada alumno/a so pode presentar UNHA ÚNICA SOLICITUDE no centro que solicite praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle

  O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

  O alumnado que ten reservada nun centro (adscrito), se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia a reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión

 A falsidade nos datos achegados poderá determinar a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 O C.R.A. Ponte da Pedra non dispón de servizos complementarios de transporte nin comedor.

 No C.R.A. Ponte da Pedra existen Seccións Bilingües nas aulas de Educación Primaria de Sísamo e Verdillo.

· Prazas vacantes ofertadas para o curso 2020/2021:

 

 

 

 

· Horario de atención e recollida:

 

 

Luns

Martes

Mércores

Xoves

Venres

9:00- 9:50

 

   

 

 

9:50 - 10:40

 

 

   

 

10:40 - 11:30

        

 

11:30 - 12:00

 

 

SECRETARÍA

 

 

12:30- 14:00

SECRETARÍA

SECRETARÍA

 SECRETARÍA

 SECRETARÍA

SECRETARÍA

16:00 - 17:00

SECRETARÍA

 

     

Tarde dos Luns de 16:00 a 17:00

Para solicitar más información e entregar toda a documentación deben obrigatoriamente dirixirse á Dirección na Sede do CRA:

 

· Avda. Vázquez de Parga 119 bl2, 1º D           Tlf:981.703.403

 

· Normativa Reguladora:

* Decreto 254/2012, do 13 de decembro: Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.

* Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado.

* Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

* Orde do 18 de decembro de 2020 que modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

*Instrucións da Dirección Xeral de Centros e R.R.H.H. do 24 de febreiro de 2021.

* Resolución do 25 de febreiro de 2021 do sorteo das letras de desempate (1º apelido son as letras "W" e "S"; 2º apelido as letras "B" e "F".)

* Información sobre o baremo.

* Información baremo criterio complementario

Imaxe de teresa

AXUDAS DO CONCELLO AO 2º CICLO DE INFANTIL

O Concello de Carballo publicou esta semana as Axudas de Estudos para alumnado de 2º ciclo de educación infantil e estudos de Grao Elemental ou Profesional no Consevatorio Profesional de Música de Carballo para o curso 2020-2021. O prazo para presentar as solicitudes esténdese ata o vindeiro 12 de marzo.

PRAZO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 

Do 12 de febreiro ao 12 de marzo.

 

INFORMACIÓN E CONSULTA DE DÚBIDAS 

No enderezo electrónico culturacarballo@carballo.gal e telefónicamente de 11.00 a 12.30 h no 981 704 300 

 

LUGAR E HORARIO DE PRESENTACIÓN

 

A través da sede electrónica https://sede.carballo.gal/ 

Ou con cita previa chamando no: 
  • Rexistro Xeral do Concello de Carballo 981 704 100 
  • Rexistro auxiliar de Cultura 981 704 300 
  • Rexistro auxiliar Servizos Sociais 981 704 706 
  • Rexistro auxiliar Deportes 981 702 109  
  • Rexistro auxiliar Fórum 981 709 010

 

 
DOCUMENTACIÓN BÁSICA QUE SE PRECISA

  • Modelo normalizado de solicitude con todos os epígrafes cubertos e asinados 
  • Copia do libro de familia 
  • DNI ou NIF provisional do beneficiario 
  • Xustificante de titularidade onde conste o nº de conta co IBAN a nome do beneficiario/a (neno/a) da axuda.  
  • En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a beneficiario/a. No caso de custodia compartida ambos proxenitores forman unha unidade familiar cos fillos que teñan en común.

Máis información:

- modelo de solicitude.

- bases da solicitude.

- información axudas.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut