Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

AXUDAS DO CONCELLO AO 2º CICLO DE INFANTIL

Imaxe de teresa

O Concello de Carballo publicou esta semana as Axudas de Estudos para alumnado de 2º ciclo de educación infantil e estudos de Grao Elemental ou Profesional no Consevatorio Profesional de Música de Carballo para o curso 2020-2021. O prazo para presentar as solicitudes esténdese ata o vindeiro 12 de marzo.

PRAZO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 

Do 12 de febreiro ao 12 de marzo.

 

INFORMACIÓN E CONSULTA DE DÚBIDAS 

No enderezo electrónico culturacarballo@carballo.gal e telefónicamente de 11.00 a 12.30 h no 981 704 300 

 

LUGAR E HORARIO DE PRESENTACIÓN

 

A través da sede electrónica https://sede.carballo.gal/ 

Ou con cita previa chamando no: 
  • Rexistro Xeral do Concello de Carballo 981 704 100 
  • Rexistro auxiliar de Cultura 981 704 300 
  • Rexistro auxiliar Servizos Sociais 981 704 706 
  • Rexistro auxiliar Deportes 981 702 109  
  • Rexistro auxiliar Fórum 981 709 010

 

 
DOCUMENTACIÓN BÁSICA QUE SE PRECISA

  • Modelo normalizado de solicitude con todos os epígrafes cubertos e asinados 
  • Copia do libro de familia 
  • DNI ou NIF provisional do beneficiario 
  • Xustificante de titularidade onde conste o nº de conta co IBAN a nome do beneficiario/a (neno/a) da axuda.  
  • En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a beneficiario/a. No caso de custodia compartida ambos proxenitores forman unha unidade familiar cos fillos que teñan en común.

Máis información:

- modelo de solicitude.

- bases da solicitude.

- información axudas.

 

 

AdxuntoTamaño
basessolicitude.pdf139.33 KB
impreso solicitude.pdf296.47 KB
información axudas.pdf198.08 KB


page | by Dr. Radut