Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Responder ó comentario

Imaxe de Sandra

ARQUITECTOS E ARQUITECTAS POLA PAZ (30 DE XANEIRO DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ)

30 DE XANEIRO DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Neste día celébrase o aniversario da morte de Mahatma Gandhi ( India 1869-1848), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.

Unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas.

Ese día tamén o conmemoramos na escola de Cances dunha maneira especial sen esquecer que no día a día do noso alumnado se fomenta unha educación para a paz e a convivencia, fomentando a presenza de valores positivos intra e interpersoais.

Neste día traballamos co conto do "Principito para nenos" de cara a darlle un sentido ao mundo no que vivimos e convivimos as persoas, analizando diferentes perfís persoais que poden existir coma as persoaxes do propio conto, e como a propia individualidade que nos caracteriza como persoas únicas enriquecen a sociedade na que convivimos no día a día.

Tamén CONSTRUÍMOS O NOSO MUNDO a través dunha instalación en que os nenos e nenas elixían libremente os obxectos da aula que lles interesaban para contruír un boceto de mundo ideal no que lles gustaría vivir.

Facendo unha mezcla de imaxinación, creatividade, inxenio, fantasía, realidade, curiosidade, hipótese... o seu boceto do mundo quedou así:

 

 

 

 

 

" A PAZ MUNDIAL COMEZA CUN SORRISO" ( Nai Teresa)

 

Responder

  • Os saltos de liña e párrafo créanse automaticamente.
  • As direccións das páxinas web e as direccións de correo se convirten en enlaces automaticamente.
  • Images can be added to this post.
  • Use to create page breaks.
  • You may use [swf file="song.mp3"] to display Flash files inline

Máis información acerca das opcións de formato

CAPTCHA
Verificación antispam
1 + 0 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.


by Dr. Radut