Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Marzo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Cances

Imaxe de Sandra

OS OFICIOS DE JOSÉ ( esqueleto)

NOVO TRABALLO DE JOSÉ ( ANUNCIAR ÁS FAMILIAS AS MANDAS)

O noso esqueleto José anda atarefado estes días, xa que o Meco do Cra encargoulle dar as "mandas" ás familias e cativos e cativas da escola. Todos os días sae a dar un paseo e vístese ca "manda" do día seguinte.

 

 

 

 

Estade todos e todas moi atentossss!!!

Imaxe de Sandra

Persoeira de Cances -Rosalía de Castro

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Ao igual que no primeiro trimestre tivemos como persoeiro pola nosa escola a Alfredo Brañas, neste trimestre temos a Rosalía de Castro grande escritora e defensora da nosa lingua propia.

Onte foi o seu día, pero en Cances imos tela moi presente ao longo do trimestre xa que será a encargada de presentarnos novos propósitos no noso día a día.

Os nenos e nenas de primaria lerannos todos os días un poema da escritora, que nos axudará a entender un pouco máis as verbas que empregaba naqueles tempos e tamén ao aumento do propio vocabulario.

 

 

 

BENVIDA ROSALÍA!!!

Imaxe de AnaFernandez

EQUILIBRISTAS EN ACCIÓN



En educación física estivemos traballando o equilibrio de maneiras moi diferentes, con obxectos variados (conos, tubos de cartón, ladrillos, pelotas, saquiños...), en superficies elevadas estáticas (troncos, pedras, ladrillos, bancos, sillas, mesas...) e móviles (colchonetas, táboa e rodillo, tubos, táboa curva...), con zancos..., un sin fin de posibilidades.

Os nenos e nenas esforzáronse moitísimo, descubriron novas formas de equilibrar o seu corpo, os obxectos e as dúas cousas a vez, convertíronse en equilibristas de circo, aprenderon moito e o pasaron xenial.

 

Imaxe de Sandra

ARQUITECTOS E ARQUITECTAS POLA PAZ (30 DE XANEIRO DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ)

30 DE XANEIRO DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Neste día celébrase o aniversario da morte de Mahatma Gandhi ( India 1869-1848), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.

Unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas.

Ese día tamén o conmemoramos na escola de Cances dunha maneira especial sen esquecer que no día a día do noso alumnado se fomenta unha educación para a paz e a convivencia, fomentando a presenza de valores positivos intra e interpersoais.

Neste día traballamos co conto do "Principito para nenos" de cara a darlle un sentido ao mundo no que vivimos e convivimos as persoas, analizando diferentes perfís persoais que poden existir coma as persoaxes do propio conto, e como a propia individualidade que nos caracteriza como persoas únicas enriquecen a sociedade na que convivimos no día a día.

Tamén CONSTRUÍMOS O NOSO MUNDO a través dunha instalación en que os nenos e nenas elixían libremente os obxectos da aula que lles interesaban para contruír un boceto de mundo ideal no que lles gustaría vivir.

Facendo unha mezcla de imaxinación, creatividade, inxenio, fantasía, realidade, curiosidade, hipótese... o seu boceto do mundo quedou así:

 

 

 

 

 

" A PAZ MUNDIAL COMEZA CUN SORRISO" ( Nai Teresa)

 

Imaxe de AnaFernandez

XOGOS CO PARACAÍDAS

A semana pasada nas clases de educación física xogamos co paracaídas. Primeiro fixemos xogos cooperativos todos xuntos e na segunda sesión os nenos e nenas experimentaron, descubriron, xogaron e crearon os seus propios xogos e actividades con dous paracaídas e pelotas de cores. O pasaron xenial!!

  

  

  

  

Distribuir contido


by Dr. Radut