Skip to Content

Novidades biblio

LOS SIETE CONTINENTES DEL MUNDO

         

 

Descobre os sete continentes do mundo! Con bonitas e detalladas ilustracións, este libro de gran formato e páxinas de cartolina informará e sorprenderá a aqueles que desexan aprender sobre o mundo e as súas maravillas. Xa o temos na nosa biblioteca á vosa disposición!

PREPARANDO O NOSO MAKER SPACE!!

CAMIÑOS, música de Magín Blanco para a biblio

Lembrádesvos do concerto tan fermoso de Magín que gozamos o curso pasado no parque da ruta da pedra e da auga en San Martiño polo Día do Libro? Pois aquí, neste seu novo libro disco xa dispoñible na nosa biblioteca, tedes moitas desas melodías. Un libro de 68 páxinas magnificamente ilustradas por Leandro Lamas, poesías, contos e un CD con 13 cancións: Marcho que teño que marchar, Peixiños do mar, O abecedario, Este planeta é divertido...  Rock and roll, bases electrónicas, jazz coa Gallaecia Big Band, a guitarra de Guillermo Fernández... Camiños quere ser un lugar de encontro e descuberta a través das cancións, dos contos e dos poemas dalgúns dos máis destacados escritores galegos actuais. Unha metáfora da vida para estimularen e enriqueceren a imaxinación e a creatividade da xente miúda.

¡Pero si yo te quiero!

 

Dicir "quérote" non sempre é doado. Oso ten ganas de pasar un día tranquilo e so, pero Pato quere saír e facer algo xuntos. ¿Conseguirá Oso relaxarse en paz? Este libro ofrécenos situacións moi divertidas onde nais, pais, fillos e fillas sentiranse moi identificadas.

ROJO

 

Temos outra novidade na biblioteca do CRA de Meis: "Rojo. Historia de una cera de colores". Na etiqueta de fábrica di claramente que é unha cera de cor vermello. Todos intentan axudala para que pinte desa cor, pero non hai maneira. Por moito que se esforce, os amorodos só lle saen azuis. É moi infeliz, ata que un día unha nova amiga pídelle que pinte un océano... Este fermoso libro fálanos do dereito á diferenza, de autoestima, de valentía, de respectarse a un mesmo e aos demais. 

DÍA DA PAZ. IMAGINE...

O 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz, e na biblioteca fixémonos cun libro moi especial: Imagine, creado coa letra da inmortal canción de John Lennon en colaboración con Amnistía Internacional, que se atreve a imaxinar un mundo en paz.

EL ENORME Y MALVADO FEROZ

A Biblioteca do CRA vai ampliando a súa colección, e hoxe Rabuñoso tráenos un conto orixinal, sorprendente, tenro e divertido, inspirado no clásico de Carapuchiña Vermella, pero cunha interpretación moi libre. Ao protagonista desta historia gústalle nadar no río, botar a sesta ao sol, e sobre todo, fuxir da xente e estar sempre so. Pero un día coñece alguén moi especial e a súa vida empeza a cambiar...

 

A BIBLIO XA TEN CHAN QUENTIÑO E CÓMODO!!

 

Polo Samaín a biblioteca está que mete medo!!

 

 

Temos o noso recanto de libros sobre o Proxecto de Arte co que traballamos este curso

 

A cortiza no chan quedou estupenda!!

Distribuir contido


by Dr. Radut