Skip to Content

Novidades biblio

Adiviña canto te quero

Adiviña canto te quero.

Ás veces, cando queremos a alguén moito, moito, tentamos atopar o modo de describir o tamaño dos nosos sentimentos. Pero como nos mostra esta marabillosa historia, o amor non é algo fácil de medir.
 

 

El libro más divertido

El libro más divertido

Neste fabuloso libro ilustrado, Tom Schamp lévache de viaxe por un fantástico mundo cheo de cores. Xunto a Otto e outros personaxes como o Tío Darío, o doutor Topón ou o profesor Zorrilla, descubrirás casas curiosas, froitas exquisitas, barcos incribles, instrumentos musicais de todo o mundo, plantas exóticas e moitísimo, moitísimo, máis.
 

Arcoíris de animales

Arcoíris de animales

O mundo animal forma un enorme crisol de cores, desde os máis brillantes e rechamantes ata os discretos tons da camuflaxe. Este libro presenta un espectacular arcoíris de animais que deleitará a todos os amantes da natureza.
 

 

¡VOY A COMEDTE!

Este divertidísimo conto vai dun lobo famento que fala dunha forma rarísima, e que agarda no bosque a que apareza un delicioso bocado. Con tan mala sorte que se atopa cun par de coelliños listos que lle quitarán un pelo da lingua e... as ganas de comer carne!

COMO FALAR DE ARTE AOS NENOS

Vostede cre que non sabe nada sobre artes plásticas. Grazas a este libriño descubrirá que o mundo da arte e dos museos non é tan inaccesible como imaxinaba. Concibido para ler sen coñecementos previos de arte ou de pedagoxía, e cun vocabulario sinxelo, este práctico manual ten un único obxectivo: permitir que vostede e os seus fillos ou alumnos entren no mundo da pintura non por obrigación, senón por puro pracer.

EDUCAR EN LA REALIDAD

Os nosos fillos aprenden en clave de realidade. Para poder captala, necesitan relacións interpersoais, contacto coa beleza e motivos para actuar con sentido. Precisan sensibilidade, empatía, espírito atento. Nembargantes, nun mundo no que as pantallas están cada vez máis presentes, poden padecer un déficit de realidade.

 

Pequena biografía de MARUJA MALLO

Maruja Mallo foi unha pintora galega de recoñecemento internacional.  Formou parte da Xeración do 27, e tivo amizade con Dalí, Lorca, Buñuel, Alberti, Miró, Picasso, Miguel Hernández ou Neruda. Participou coas súas ilustracións en numerosas revistas, realizou cadros moi innovadores, escenografías teatrais, cerámicas, pinturas murais, conferencias, accións poéticas, fotografías artísticas... E sempre dende unha óptica rebelde, comprometida e moi divertida.

LOS ANIMALES MÁGICOS DE MIRÓ

Imaxinas como sería ir ao zoo cun pintor famoso? Esta é a extraordinaria historia que nos conta Antony Penrose das visitas que lles facía, na súa infancia na granxa familiar, o xenial artista Joan Miró, un home que "soñaba cando estaba esperto", e pintaba universos rebosantes de criaturas máxicas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut