Skip to Content

CRA A Tarandeira - Lugar da Esfarrapa, 52 - 15147 Coristanco (A Coruña) - 881 88 05 52 - cra.atarandeira@edu.xunta.gal

RATIFANTE LEVA O NADAL ÁS ESCOLAS

Hoxe, día 1 de decembro, Ratifante chegou ás escolas do CRA A Tarandeira para quedarse. Despois de moitos meses viaxando polo mundo, está de volta para ensinarnos todo o que descubriu na súa viaxe. Hoxe o atopamos na escola con esta carta:

 Carta de Ratifante

E trouxo tamén unha morea de retos para facer nos días de decembro e así poder prepararnos para vivir a época máis luminosa e máxica do ano, O NADAL!

Ratifante nas escolas

Tamén pasou pola biblioteca do centro para deixar unha selección de contos de Nadal:

Conto de Nadal

25 N - DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Neste curso 2023-2024, desde o CRA A Tarandeira abordamos a temática da violencia de xénero tomando como punto de partida a linguaxe universal por excelencia, aquela que é comprendida por calquera persoa sen importar a súa lingua, raza, sexo… a MÚSICA.

Máis concretamente, a semente da nosa proposta ten a súa orixe nas Fillas de Cassandra, dúas artistas emerxentes galegas que se definen a sí mesmas: somos só dúas, pero escribimos da man de todas as que foron feitas de olvido, para sermos alguén, todas xuntas.

Con esta finalidade compuxeron a canción titulada LISÍSTRATA, título que se refire a unha obra teatral grega na que a unión das mulleres de todos os bandos fixo posible resolver o conflito dunha forma pacífica. É por isto que na letra da canción podemos escoitar expresións como “somos distintas das que comezaron, na nosa pel gardámolo legado” ou  “sómo-las fillas de tódalas que se plantaron e dixeron que, que, que! Varre vasoira, vasoira miña, fai moito tempo que non várre-la cociña”. Nós collemos como símbolo as vasoiras para varrer todo aquilo relacionado coa violencia de xénero. Tras reflexionar, varrimos algunhas palabras que o alumnado propuxo e que elas e eles identifican como unha das tantas formas que adopta a violencia de xénero: intimidar, ridiculizar, ofender, ignorar, chantajear, prohibir, presionar…

A todo isto, nós dicimos “xa non calaremos máis. Non, non, non, non!”.


AdxuntoTamaño
VID-20231123-WA0025.mp420.66 MB

25N - CONTOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO E A IGUALDADE

O vindeiro 25 de novembro adícase ao 25N, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Por este motivo, estes días a nosa biblioteCRA tinguiuse de morado, a cor da igualdade, para incidir en valores tan importantes como a igualdade de xénero e o rexeitamento á violencia de xénero.

Aquí vos deixamos algúns dos contos seleccionados para traballar esta temática:

 

CONTOS POLA IGUALDADE

RECOMENDACIÓNS DE CONTOS DE SAMAIN

Estas últimas semanas de outubro temos preparadas unhas lecturas monstrosas, cheas de humor e algo de medo, seleccionadas dende a biblioteCRA para celebrar o Samaín.

Aquí vos deixamos a nosa selección de contos:

contos de Samaín

contos de Samain

A TARANDEIRA POLO MUNDO

Imos ir de viaxe polo mundo da man de Ratifante!

Ao longo do curso seguro que nos decatamos que polo mundo enteiro existen culturas, comidas, tradicións ben diferentes ás nosas. Animádesvos a vir de viaxe con nós?

Arrincamos con moito ritmo!!!!

Comezo do curso 2023-24

O CRA A Tarandeira informa:

A actividade lectiva dará comezo o luns 11 de setembro.

Nos vindeiros días e antes do inicio do curso as titoras convocarán ás familias a unha reunión.

Lembrade que estamos ao voso dispor e para mantervos informados seguídenos nesta web e nas redes.



by Dr. Radut