Febreiro 2019

BURBULLAS DE PAPEL

O xoves 21 de febreiro fomos ao Auditorio de Ourense a ver a obra de teatro Burbullas de papel. Este espectáculo sen palabras combina a danza, a música e a interacción multimedia, creando unha proposta visual e plástica que xoga desde a imaxinación do nen@ para ir a un mundo fantástico. Roger, un trompetista namorado das burbullas, coñece a unha fada travesa que lle axudará a conseguir o seu obxectivo, devolverlle as gañas de xogar, rir, imaxinar e bailar a todo o mundo.

RECOLLIDA DE PILAS

O día 5 de febreiro viñeron a recoller as pilas do concurso Pilabot. Moitas grazas  a todas as familias pola vosa implicación e colaboración. Sen todos vos esto non sería posible.

Xuntamos 8 bidóns cun total de 802,7 Kg

 

Ademais a nosa alumna Nerea López de Francelos acadou o terceiro premio do Concurso de fotografía creativa  #eusonpilabot.

Pincha na foto para ver todos os gañadores.

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

Etiquetas :

Aquí vos quedan as fotos do campionato provincial de campo a través celebrado o pasado 9 de febreiro no complexo deportivo de Monterrei, pertencente ao Concello de Pereiro de Aguiar, no que participou Naiara, da escola de Francelos.

Video Promocional do C.R.A. Amencer

Estas Buscando escola para @s nen@s? mira mais aló e #ELIXEAMENCER

Video Promocional do C.R.A. Amencer

Estas Buscando escola para @s nen@s? mira mais aló e #ELIXEAMENCER


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design