Xuño 2019

FESTA FIN DE CURSO 18-19

O venres 21 de xuño celebramos a festa de fin de curso na escola de San Paio. Xuntámonos as tres escolas para celebrar a graduación d@s alumn@s de 2º de primaria, a entrega dos diplomas de lectura (Ranopla) a tod@s @s alumn@s de primaria, a exposición dos cadros feitos pol@s nen@s que asisten a clase extraescolar de pintura con Rocío.

A ANPA encargouse de organizar os hinchables para @s nen@s.

CÓMO FERMENTAS TI O GALEGO???

O venres 21 de xuño @s nos@s alumn@s fixeron de reporteiros e entrevistaron aos seus pais.

OBRADOIRO DE CESTERÍA

O mércores 19 de xuño fomos ao Museo Etnolóxico de Ribadavia para visitar unha exposición relacionada coa cestería e os teares. Ademáis fixemos un obradoiro cos monitores de Xeitura. Cada neno e nena levaron para a súa casa unha cesta feita por eles.

MUSEO DO POBO GALEGO

O martes 18 de xuño @s alumn@s de tres e catro anos fomos a visitar o Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela.

O Museo do Pobo Galego é unha institución privada dedicada ao estudo, a promoción e a difusión do patrimonio histórico-antropolóxico e da cultura galega en todos os seus ámbitos.

RECOLLIDA DO PREMIO DE PILABOT

O martes 18 de xuño desprazámonos ata o MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia) en  Santiago de Compostela a entrega de premios de PILABOT.

No acto estiveron presentes Laura Alonso (Directora Xeral de ERP España), Julio Lema (Delegado de Ecopilas) e Ánxeles Vazquez (Conselleira  de Medio Ambiente, territorio e Vivenda).

Entregáronnos o primeiro premio da categoría B (pilas recollidas por alumno), dotado con 2500 euros e o terceiro premio de fotografía #eusonpilabot dotado cunha pulseira fitness para a nosa alumna de Francelos, Nerea López.


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design