Xaneiro 2019

PILABOT

Etiquetas :

Este ano participamos no Concurso de recollida de pilas e acumuladores en centros educativos PILABOT.

Dende o mes de decembro estivemos recollendo as pilas usadas.

O día 22 de xaneiro veu Ana a darnos unha charla educativa do Concurso Pilabot. Xuntamos a todos os alumnos de primaria na escola de San Cristovo e aprenderon moito sobre a reciclaxe de pilas e acumuladores.

Tamén colorearon os seus pilabots e fixeron as súas fotos creativas para participar no concurso de fotografía artística #Eusonpilabot.

Campo a través

Etiquetas :
O 15 de xaneiro participamos na final comarcal do campo a través dentro da modalidade do Xogade. Dúas alumnas acadaron a clasificación para a final provincial que se desenvolverá o próximo 2 de febreiro en Monterrey. Deporte e convivencia sempre é unha boa combinación. Así de ben o pasaron...
 


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design