Febreiro 2018

A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO

Etiquetas :

O martes 27 de febreiro fomos ao Auditorio de Ourense a ver a representación de "A nena e o grilo nun barquiño" de Magín Blanco.

Despois merendamos na Praza Maior de Ourense e fomos no tren turístico ata as Termas de Outariz.

 

ENTROIDO 2018

Este ano disfrazámonos de peixes e pescadores, debido ao proxecto da PESCA, que desenvolvemos dende a Biblioteca e dende o Equipo de Dinamización da Lingua e Galega . Fixemos un percorrido polas rúas de Francelos, acompañados dos pais e dos avós dos alumn@s do centro.

E rematamos cun xantar na Fontiña Mariña, onde degustamos doces típicos do Entroido.

XA CHEGOU O ENTROIDO

O luns comezamos ca semana do Entroido e como todos os anos, o meco ven cargado de recados para que lle fagamos caso.

 

 

 

Empezamos ca orde do luns: tiñamos que traer algo gracioso na cabeza

A orde do martes mandaba traer algo de fantasía no pescozo

O mércores tiñamos que traer gafas decoradas

O xoves disfraz libre

PROVINCIAL, CAMPO A TRAVÉS -3 febreiro 2018-

Aquí vos quedan as fotos do campionato provincial de campo a través celebrado o pasado 3 de febreiro no complexo deportivo de Monterrei, pertencente ao Concello de Pereiro de Aguiar, no que participou Selena, da escola de San Cristovo.

Alí atopáronse con antigos alumnos (Daniel, Rocio,...) do CRA e tamén con Juan, profesor de Educación Física que estivo no cole o curso pasado.

 

DÍA DA PAZ

O mércores 31 de xaneiro celebramos todos xuntos na escola de Francelos o Día da Paz.

Foi un día moi especial, xa que tivemos a visita de Ramón Caride, e rematamos a gravación dun lipdub, coa canción de IMAGINE. Este video foi elaborado polo mestre de música (Álvaro) e colaboramos todos os mestres e alumnos do colexio.

Aquí vos queda para que o disfrutedes.


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design