Skip to Content

blogue dedirectora

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2013/2014

O proceso de admisión de alumnado para o curso 2013/2014 en espera de aprobación da Orde que o regule.

Dende o centro recomendamos estar pendentes do prazo de reserva de praza entre o 5 e o 17 de abril.

CIRCULAR Nº 9 - ENTROIDO

  • Entroido 

Durante esta semana os alumnos do centro cumpriron os mandados do Meco, anticipando a festa do Entroido que celebraremos este venres.

Mañá xoves celebraremos o entroido no comedor cun cocido e orellas de sobremesa.

Como xa é tradición, todos os cursos dende infantil a secundaria disfrazaranse. O desfile comezará a partir das 12:00, sairemos do colexio cara ó concello, se o tempo o permite

Cómpre agradecer a colaboración da ANPA cunha compañía de animación para os alumnos de infantil e primaria e entregará premios aos mellores disfraces para os alumnos de secundaria.

Os alumnos de 4º de ESO venderán doces de Entroido para sufragar á súa viaxe de estudos.

 

·           Recollida de alumnos o día do festival

Os pais que teñan pensado recoller aos seus fillos despois do festival e non o fagan habitualmente deben enviar unha nota de aviso aos titores.

 

·      Saídas do centro escolar

Segundo recolle o noso Regulamento de Réxime Interno se un alumno usuario do transporte escolar non vai facer uso deste servizo os seus pais deben avisar ao centro e facerse responsables deles.

Detectáronse casos de alumnos que estaban a incumprir esta norma. Para evitar posibles sancións recordade que precisan dunha autorización por escrito dos seus pais.

 

·      Vacacións de Entroido

Por último recordar que o próximo luns 11, martes 12 e mércores 13 non haberá clase.

San Sadurniño, 6 de febreiro de 2013

A Dirección

 

BOLSAS ESCOLARES E AXUDAS PARA SERVIZOS DE CONCILIACIÓN

O Concello de San Sadurniño convoca as bases reguladoras para a concesión das bolsas escolares e as axudas para sufragar os gastos de servizos de conciliación da vida laboral e familiar.

 

A partida destinada a este efecto é de 20.000 euros, dos cales 15.000 irán destinados ó alumnado de estudos posobrigatorios (bacharelatos, ciclos formativos ou estudos universitarios oficiais) en centros públicos fóra do Concello de San Sadurniño e dentro do territorio de Galicia. Dentro desta partida orzamentaria tamén se destinarán axudas ó alumnado de estudos obrigatorios (Educación Infantil, Primaria e Secundaria).

 

Por outra banda, destinaranse 3.000 euros en concepto de axudas para cubrir gastos de servizos de conciliación da vida laboral e familiar

 

E por último, reservaranse 2.000 euros para atender posíbeis situacións socioeconómicas especiais.

 

As bases e os impresos para a solicitude destas axudas están a disposición das persoas interesadas nas oficinas do Concello ou na páxina web www.sansadurnino.es

 

O prazo para a presentación das solicitudes permanecerá aberto ata 1 de marzo de 2013, agás para as solicitudes de servizos de conciliación nas que o prazo estará aberto ata o 15 de novembro do presente ano.

 

 

Concellería de Educación e Igualdade

Concello de San Sadurniño

OBRAS NO PATIO DE DEPORTES DE SECUNDARIA

O patio de deportes de secundaria está sendo formigonado. O proxecto está financiado e levado a cabo polo concello de San Sadurniño.

Esta é unha foto do ANTES:

patio_secundaria_ANTES

Nos vindeiros días veremos o DESPOIS:

Eleccións a representantes do Consello Escolar

RESULTADOS DAS ELECCIÓNS A CONSELLO ESCOLAR DE TODOS OS SECTORES

29 DE NOVEMBRO 2012

PAIS E NAIS:

Sonia Molé

PROFESORADO:

Mª del Mar López Somoza

Juan José Guillín Fraga

Mª José Carracedo Doce

ALUMNOS:

Santiago Daniel Díaz Mera  

REPRESENTANTE DA ANPA:

Eduardo Lourido Doval

REPRESENTANTE DO CONCELLO:

Jesús Manuel Soto Vivero                                                                                              

ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR

As votacións realizaranse neste Colexio Público o día 29 de novembro, de 13:30 a 14:15 e de 16:00 a 18:00 horas na urna disposta xunto á secretaría do centro, no edificio de secundaria

Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo de 1 nomedos candidatos presentados:

Molé, Sonia

Couce Piñón, María

Hermida Rivera, Ana Isabel

Debe acreditar a súa personalidade á hora de votar, mediante exhibición do D.N.I. ou documento similar.

 

 

CONVOCATORIA

De acordo coa Resolución do 7 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros de educación non universitaria (DOG do 20), a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS, segundo as seguintes normas:

 

1. De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a 1 pai/nai, dun total de 2 que debe ter o Consello Escolar. O outro representante de pais continúa como consecuencia da súa elección anterior no ano 2010.

2.- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día 7 de novembro está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 12:00 horas do día 16 de novembro.

3.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Colexio. As candidaturas poderán ser presentadas ata as 12:00 horas do citado día 16 de novembro.

4.- O sorteo dos membros da mesa electoral será realizado pola xunta electoral o día 19 de novembro, ás 13:00 horas, entre os pais que non se presenten como candidatos. Dita mesa electoral estará composta polo Director do Centro, que actuará como Presidente, e catro pais/nais ou titores legais, actuando de secretario o de menor idade.

5.- A campaña electoral comprenderá dende o 22 ao 27 de novembro, ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos candidatos, previa petición ao presidente da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do Colexio. O día 28 de novembro, véspera das votacións, non se poderá facer campaña electoral.

6.- Poderán actuar como supervisores da votación os pais ou titores legais dos alumnos matriculados no Centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos pola firma de 10 electores.

7.- As votacións realizaranse neste Colexio Público o día 29 de novembro, de 13:30 a 14:15 e de 16:00 a 18:00 horas na urna disposta xunto á secretaría do centro, no edificio de secundaria. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 13:15 horas.

8.- Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo de 1 nomedos candidatos presentados:

Molé, Sonia

Couce Piñón, María

Hermida Rivera, Ana Isabel

 

 

debendo acreditar a súa personalidade á hora de votar, mediante exhibición do D.N.I. ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegable e non se admitirá o voto por correo.

9.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor legal dos alumnos.

10.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.

11.- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.

FIN DO PRAZO PARA SOLICITAR BOLSAS DE COMEDOR

O próximo xoves 20 de setembro remata o prazo para solicitar bolsa de comedor.

 

Recordade que ten dereito a solicitala todo aquel alumnado da zona de influencia do noso centro. O alumnado con dereito a transporte escolar é automáticamente bolseiro.

 

Consultar na Secretaría do centro as condicións para solicitar a bolsa, así como os criterios económicos ou de outra índole necesarios para obtela.

COMEZAN AS CLASES EN SECUNDARIA O LUNS 17

O luns 17 de setembro comezan as clases en Secundaria con horario completo, transporte e comedor.

Recordamos que en setembro as clases comezan ás 9:30 e rematan ás 14:30. Os alumnos que acuden ao comedor marcharán nos buses aproximadamente ás 15:30. Non hai clase polas tardes durante o mes de setembro.

COMEZO DE CURSO PARA INFANTIL E PRIMARIA O MÉRCORES 12

O mércores 12 comeza o curso 2012-13 para educación infantil e primaria.

O horario será o habitual no mes de setembro, co servizo de transporte e comedor funcionando con normalidade, e sen clases pola tarde os martes e os xoves.

Os alumnos de 3 anos comezarán co seu horario de adaptación.

Os alumnos de 4 e 5 anos que non se queden ao comedor sairán a partir das 13:50 e os alumnos de primaria que non se queden ao comedor das 14:00.

EXAMES SETEMBRO 2012

 

PROBAS CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO

 

LUNS, 3 DE SETEMBRO

Hora

Materias

Aulas

9:00 a 10:30

CC SOCIAIS 1º /2º

XEOGRAFÍA E HISTORÍA 3º / 4º

3º A

3º B

10:30 a 12:00

MATEMÁTICAS 1º/2º PENDENTES 1º/2º

MATEMÁTICAS 3º/4º

3º A

3º B

12:00 a 13:30

FÍSICA E QUÍMICA 3º/4º PENDENTES 3º

3º B

12:00 a 12:45

RELIXIÓN 1º

3º A

12:45 a 13:30

E.F. (teórico) 1º/2º/3º/4ºPDC PENDENTES 2º

3º A

13:30 a 14:00

FRANCÉS 1º/2º/3º

3º B

13:30 a 14:00

OIE

3º A

16:30 a 17:30

LINGUA INGLESA 2º PENDENTES 2º

LINGUA INGLESA 4º/4º PDC

3º A

3º B

17:30 a 18:30

LINGUA INGLESA 1º PENDENTES 1º

LINGUA INGLESA 3º

3º A

3º B

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MARTES , 4 DE SETEMBRO

Hora

Materias

Aulas

9:00 a 10:15

TECNOLOXÍA 2º/3º PENDENTES 2º

TECNOLOXÍA 4º PDC

TECNOLOXÍA

10:15 a 11:00

CC NARURAIS 1º/2º

BIOLOXIA E XEOLOXIA 3º

AMB. CIENT. 4º PDC E PENDENTES AMB. CIENT. 3º

3º A

3º B

3º B

11:00 a 12:00

LINGUA CASTELÁ 1º/2º PENDENTES 1º/2º

LINGUA CASTELÁ 3º/4º PENDENTES 3º

AMB. LING. 4ºPDC PENDENTES AMB. LING. 3º PDC

3º A

3º B

3º B

12:00 a 12:45

LINGUA GALEGA 1º/2º

LINGUA GALEGA 3º/4º

AMB. LING. 4ºPDC PENDENTES AMB. LING. 3º PDC

3º A

3º B

3º B

12:45 a 13:40

MÚSICA 2º/3º/4º PDC

MÚSICA

13:40 a 14:20

E. F. (práctico) 1º/2º/3º/4º/4º PDC PENDENTES 2º

XIMNASIO

 

 

 

 

MÉRCORES , 5 DE SETEMBRO

Hora

Materias

Aulas

9:30 a 10:30

INFORMÁTICA 4º/4º PDC

INFORMÁTICA

9:30 a 10:30

PLÁSTICA 1º/3º/4º

INFORMÁTICA

 

 

 

 

 

 

 

XUNTA DE AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA:

 

 MÉRCORES , DÍA 5 DE SETEMBRO

 

 

 

AVALIACIÓN DE PENDENTES ás 11:20

 

3º, 4º e 4º PDC ás 11:40

 

1º e 2º ás 12:30  

PREMIADOS NO CONCURSO "UN MUNDO DE ÁRBORES"

Os premiados na tres categorías son os seguintes:

INFANTIL: Duarte Lourido Calvo, 5º Infantil, con "Xibarda"

PRIMARIA:

Víctor Rodríguez Troncoso, 1º de Primaria, con "Outono no Fabal"

SECUNDARIA: Álvaro Rodríguez Rodilla, 4º de Secundaria, con "Espiño Albar"

Distribuir contido


by Dr. Radut