Skip to Content

COMEZO DE CURSO PARA INFANTIL E PRIMARIA O MÉRCORES 12

O mércores 12 comeza o curso 2012-13 para educación infantil e primaria.

O horario será o habitual no mes de setembro, co servizo de transporte e comedor funcionando con normalidade, e sen clases pola tarde os martes e os xoves.

Os alumnos de 3 anos comezarán co seu horario de adaptación.

Os alumnos de 4 e 5 anos que non se queden ao comedor sairán a partir das 13:50 e os alumnos de primaria que non se queden ao comedor das 14:00.

Todos os alumnos que acudan ao comedor marcharán nos buses arredor das 15:30 (no mes de setembro poderían saír 5 minutos antes).

Non hai novidades nas rotas de transporte.

Circular nº 1: Inicio do curso 2012-13 en Infantil e Primaria



blog | by Dr. Radut