Skip to Content

Blogues

Xunta de delegados/as

 

Delegados/as curso 2022-2023

 

Funcións da xunta de delegados/as

 

 

Alerta escolar

Toda a información sobre Alerta Escolar nesta ligazón 

 

 

464F2019-AFA5-484C-8C1D-1C759CE56DDC.png

LIBROS DE TEXTO 2022-23

Adxúntase en pdf a listaxe de libros para o curso 2022-23.

 

MATRÍCULA CURSO 2022-23

 

Estimadas familias:

Os prazos para a formalización da matrícula do curso 2022-23 son os seguintes:

 

+Infantil e Primaria: dende o 22 ao 30 de xuño (ambos incluídos)

+Secundaria: dende o 27 de xuño ao 8 de xullo (ambos incluídos)

 

A documentación necesaria para formalizala é a seguinte:

 

Educación Infantil

+Impreso de matrícula (debidamente cuberto)

+Catro fotografías tamaño carné co nome escrito na parte posterior

+As persoas solicitantes de comedor deberán cubrir o modelo de autodeclaración (adxúntase nesta publicación)

Educación Primaria

+Impreso de matrícula (debidamente cuberto)

+As persoas solicitantes de comedor deberán cubrir o modelo de autodeclaración (adxúntase nesta publicación)

Educación Secundaria

+Impreso de matrícula (debidamente cuberto)

+Unha fotografía tamaño carné co nome e o curso escrito na parte posterior

+Fotocopia do DNI actualizada

+As persoas solicitantes de comedor deberán cubrir o modelo de autodeclaración (adxúntase nesta publicación)

+O alumnado de 3º e 4º deberá presentar o xustificante bancario conforme foi pagado o seguro escolar de 1,12 € na conta IBAN ES43 2080 0208 0431 0000 0061 de Abanca.

 

Toda a documentación deberá ser entregada xunto coa matrícula. En caso contrario non será recollida.

Adxúntanse nesta publicación os dous modelos para a formalización da matrícula en pdf, así coma a información relativa á protección de datos. Dita folla de protección de datos deberán cubrila as familias do alumnado de novo ingreso no centro.  

 

AXUDA A UCRAÍNA

Queremos agradecer a enorme acollida que tivo a venda de debuxos e poemas solidarios a favor da ONG Aga-Ucraína. Conseguimos recadar a cantidade de 5039,38 €!

Todo isto foi posible grazas ao traballo do noso alumnado, e tamén grazas á colaboración das familias e dos establecementos colaboradores.

MOITAS GRAZAS A TODOS!

 

ACTUALIZACIÓN DE DATOS DE MATRÍCULA

Hoxe entregouse unha folla de actualización de datos de matrícula ao alumnado dende 4º de Educación Infantil ata 5º de Educación Primaria. Pregamos entreguen dita folla cumprimentada ás correspondentes persoas titoras, a máis tardar, o día 3 de xuño.
Grazas de antemán

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

A xornada de portas abertas no CPI de San Sadurniño terá lugar o vindeiro martes, 31 de maio, ás 16:00 h. Poden atopar máis información nas infografías adxuntas

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (código de procedemento ED330B).

A solicitude presentarase no centro no que estean admitidos. Se aínda non están admitidos, a presentación realizarase no centro no que estean matriculados, para acreditar a entrada en prazo e enviar a solicitude ao centro de destino.

Se precisan resolver algunha dúbida, contacten coa Secretaría do centro: 881930489

 

 

 

DEBUXOS E POEMAS SOLIDARIOS

O alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria realizou uns debuxos e poemas solidarios para poñer á venta co obxectivo de recadar fondos para a ONG Aga-Ucraína (Asociación Galega de Axuda a Ucraína). Cada un dos nosos alumnos e alumnas levará para casa varios exemplares, que poderán vender entre familiares e amigos. Trátase dunha actividade totalmente voluntaria na que as persoas que desexen colaborar, poderano facer aportando a cantidade que consideren oportuna. Así mesmo, o alumnado levará unha cartilla de rexistro de donacións na que poderán recoller o nome da persoa colaboradora e a cantidade recadada.

Os traballos do alumnado estarán tamén expostos nos distintos establecementos da contorna, polo que agradecemos enormemente a colaboración de todos eles. Pódense mercar os materiais en: Casa do Concello, Sansauto, Librería Brétema, Farmacia, Bar Dzine, Floristería La feria, Pesccadería Mariña, Mesón A Granxa, Perruquería Santos, A Braña, A tenda de Iria, Centro Veterinario +Kotas, Estanco, O Café do Palacio, Panadería O Inxerto, Supermercado, Clínica dental, Venta de coches AGC, Agrotenda e Parrillada Riboira.    

LISTAXES PROVISIONAIS (ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022-23)

Con data de hoxe, expóñense as listaxes provisionais co alumnado admitido para o curso 2022-23, así coma a listaxe do alumnado definitivo procedente do centro adscrito (Moeche). Todo o alumnado solicitante foi admitido.

Por outra banda, lémbrase que as solicitudes presentadas fóra de prazo están pendentes da súa xestión por parte da Xefatura Territorial.

Por protección de datos, as listaxes publicaranse exclusivamente no taboleiro de anuncios do centro. 

Distribuir contido


by Dr. Radut