Taboleiro

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2012-2013

Ata ao 10 de abril estamos no período de presentación de solicitudes de admisión para o curso 2012-2013. A lexislación relativa ao mesmo é a seguinte:

  • DECRETO 30/2007, do 15 de marzo, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 17 de marzo de 2007 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos.
  • CORRECCIÓN de erros.-Orde do 17 de marzo de 2007 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos público

 

DOCUMENTOS:

  • Anexo II. Modelo para presentar a solicitude de admisión.

Laura Calvo e María Vilas finalistas mundiais do concurso Youtube Spacelab

O experimento de María Vilas e Laura Calvo resultou finalista mundial do concurso Youtube Spacelab. Foron seleccionadas de entre os miles de proxectos presentados e gañaron na área que comprende Europa, África e Oriente Próximo. Agora levarán o seu traballo a Washington, xunto aos outros cinco gañadores do resto do mundo. Parabéns para elas dúas e mais para o seu profesor, Javier Méndez.

Laura Calvo e María Vilas, de 4º de ESO, finalistas do youtube spacelab

Laura Calvo e María Vilas, co proxecto dirixido polo profesor de Tecnoloxía Javier Méndez, son finalistas do concurso promovido por Google e a Axencia Espacial Europea. Están entre os 10 finalistas da rexión que comprende Europa, África e Oriente Próximo e entre os 60 finalistas de todo o mundo. Aquí podedes ver o vídeo Surfactant in microgravity.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer