Taboleiro

PROXECTO DE XORNADA ÚNICA

Poñemos a disposición de toda a comunidade educativa do CPI dos Dices este proxecto de xornada única aprobado polo Claustro e o Consello Escolar e o de actividades extraescolares proposto para o remate da xornada lectiva.

INFORMACIÓN SOBRE A GRIPE A

Nesta ligazón está dispoñible toda a información precisa sobre a gripe A, incluíndo recomendacións e teléfonos de interese.Tamén se atopa na páxina do portal educativo  da Consellería de Educación.

EXAMES DE SETEMBRO PARA ALUMNADO DE ESO

Os exames da convocatoria de setembro realizaranse durante os días 1, 2 e 3. A entrega e notas terá lugar o día 7 de setembro ás 11:30 horas.

Axudas do programa de inmersión lingüística. Listaxes provisionais

Listaxes provisionais do programa de inmersión lingüística no verán. Se as solicitaches pregunta en dirección ou secretaría.

Que bacharelato queres facer?

Clica aquí e atoparás a información que precisas sobre o plan de estudos do bacharelato

 

Convocatoria de axudas para participar no programa de integración Aulas da natureza 2009

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Orde do 19 de xaneiro de 2009 pola que se
convocan axudas para participar no programa
de integración Aulas da Natureza 2009.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer