slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5

TELEXORNAL 2023/2024

Alumnado e profesorado do centro elaborou un telexornal con actividades que se fixeron ao longo deste curso, non volo perdades! Para poder velo fai click na imaxe!

 

Apertura do prazo de solicitude para participar no Fondo Solidario de adquisición de libros de texto e material escolar curso 24-25

O martes 21 de maio de 2024 abre o prazo de solicitude para participar no Fondo Solidario de adquisición de libros de texto e material escolar curso 24-25. Para acceder a toda a información relativa ao procedemento hai que facer clic na seguinte imaxe ou pode consultar o taboleiro de anuncios no centro:

Publicación da resolución das solicitudes de admisión para o curso 2024-2025

Infórmase de que está publicada no taboleiro de anuncios do centro a resolución das solicitudes de admisión para o curso 2024-2025.

Avaliación de diagnóstico 2024

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4.º curso de educación primaria e 2.º curso de educación secundaria obrigatoria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril.

Facendo clic na seguinte imaxe podedes acceder a máis información:

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer