slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria e ESO para o curso escolar 2023/24

O prazo de presentación de solicitudes para participar na Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria e ESO para o curso escolar 2023/24 estará aberto ata o  21 de xuño de 2023. O detalle da convocatoria pode consultarse no seguinte enlace.

Aberto o prazo para solicitar becas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

O prazo para solicitar becas e axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo  está aberto do  08/05/2023 ata o 20/09/2023. Pode consultarse a información relativa ao procedemento no seguinte enlace.

 

Publicación da listaxe definitiva do alumnado admitido neste centro para o curso 2023/24

As listaxes definitivas de alumnado admitido no centro para o curso 2023/24 poden consultarse no taboleiro de anuncios (interior) do centro e na aplicación “Admisionalumnado” da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Lembramos que os prazos para a formalización da matrícula, son os seguintes:

    •  Educación Infantil e Primaria: Do 20 ao 30 de xuño.
    •  Educación Secundaria Obrigatoria: Do 23 de xuño ao 7 de xullo.

Para calquera dúbida poden chamar ao teléfono 881866890, de 09:00 a 14:00 e de luns a venres.

Publicación de listaxes provisionais de alumnado admitido nestre centro para o curso 2023-2024

  Hoxe, 25 de abril de 2023, publicouse a lista provisional de alumnado admitido neste centro para o vindeiro curso 2023-2024.

  Todas aquelas persoas interesadas neste procedemento, poden consultar estas listaxes no taboleiro de anuncios (interior) do centro e na aplicación “admisionalumnado” da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

  Contra esta listaxe poderá formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o Consello Escolar.

 Para calquera dúbida poden chamar ao teléfono 881866890, de 09:00 a 14:00 e de luns a venres.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer