Convive-T

LECTURA COAS FAMILIAS: MIMI E A XIRAFA AZUL

Esta semana acompañounos na nosa biblioteca,  Cristina, a mamá de Lara de 5º de Ed. Infantil. Para esta actividade, Lara escolleu este conto do que se fala da chegada á familia dun irmán cunha grave discapacidade. Polo tanto traballamos a diario os valores de respecto, inclusión, aceptación, axuda, colaboración, fomentando a comunicación, expresar e compartir sentimentos, e sobre todo transmitir unha visión positiva da discapacidade. Gustounos moito e vamos a traballalo na aula e xa veredes o resultado dentro dun días.

LECTURA COAS FAMILIAS: PEDRO E O LOBO

A semana pasada, veu a facer con nós a lectura en familias na aula de 5º Ed. Infantil, Crsitina a mamá de Diego. E para esta ocasión Diego elexiu para que a súa mamá nos lera o conto titulado: Pedro e o lobo. Deste conto aprendemos que non se poden dicir mentiras, porque cando che suceda algo de verdad, igual non tes quen che axude, por que non van a crer en ti.

TERTULIA DO DÍA DA PAZ

O martes 30 de xaneiro celébrase nos centros escolares o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Con este motivo, o alumnado de educación secundaria reuniuse no salón de actos para realizar unha tertulia dialóxica sobre algúns fragmentos do libro "Nour: a historia real dunha nena refuxiada", escrito aos 15 anos por unha rapaza libia refuxiada: Nour Esam Zeydan. O libro foi traducido ao galego polo profesorado do centro.
Na tertulia reflexionouse sobre o significado do concepto "Paz" como algo moito máis fondo que simplemente a ausencia dunha guerra, tal como se contempla dende os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas na súa axenda 2030.
Parabéns a todo o alumnado participante por compartir as súas reflexións.

DESPEDIDA DA COCIÑEIRA

Con motivo da xubilación da nosa querida cociñeira Amparo, o alumnado de 6 de infantil faille agasallo dunha blonda, na que recollen unha selección dos seus pratos favoritos.

Distribuir contenido