TERTULIA DO DÍA DA PAZ

O martes 30 de xaneiro celébrase nos centros escolares o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Con este motivo, o alumnado de educación secundaria reuniuse no salón de actos para realizar unha tertulia dialóxica sobre algúns fragmentos do libro "Nour: a historia real dunha nena refuxiada", escrito aos 15 anos por unha rapaza libia refuxiada: Nour Esam Zeydan. O libro foi traducido ao galego polo profesorado do centro.
Na tertulia reflexionouse sobre o significado do concepto "Paz" como algo moito máis fondo que simplemente a ausencia dunha guerra, tal como se contempla dende os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas na súa axenda 2030.
Parabéns a todo o alumnado participante por compartir as súas reflexións.