Lectura e familias

LEOTOLDA VÉN AO COLE

o1º  A partir da lectura da familia de Rosalia, do conto titulado Leotolda, animaronnos a facer esta actividade. Tiñamos que imaxinarnos como sería a protagonista do conto. E así o amosamos. Ademáis esta vez usamos unhas témperas moi especiais. Si, si!! brilan na escuridade.... mirade mirade!!

LECTURA COAS FAMILIAS: PEDRO E O LOBO

A semana pasada, veu a facer con nós a lectura en familias na aula de 5º Ed. Infantil, Crsitina a mamá de Diego. E para esta ocasión Diego elexiu para que a súa mamá nos lera o conto titulado: Pedro e o lobo. Deste conto aprendemos que non se poden dicir mentiras, porque cando che suceda algo de verdad, igual non tes quen che axude, por que non van a crer en ti.

LECTURA COAS FAMILIAS:MAMUT LANUDO

 Despois da visita do papá de Juan traballamos o conto titulado Mamut Lanudo na nosa aula. Seguimos a traballar o grafismo creativo, a orientación espacial, conceptos: arriba e abaixo, pero sobre todo a nosa creatividade e imaxinación.

Distribuir contenido