Club de Ciencia

APADRIÑAMENTOS CIENTÍFICOS: QUE HAI NUNHA TINTA?

APADRIÑAMENTOS CIENTÍFICOS

O día 21 de febreiro os alumnos e alumnas de 3º de primaria, coa colaboración do alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 3º  ESO, fixeron a actividade correspondente ao segundo trimestre 

“Que   hai   nunha   tinta?”           

A tinta é unha mestura homoxénea xa que, a simple vista, non podemos distinguir os seus compoñentes.

Para separar os pigmentos dunha tinta utilizamos una técnica que se chama cromatografía.

A cromatografía é unha técnica de separación de sustancias que se basea nas distintas velocidades con que se moven cada unha delas a través dun medio poroso (papel de filtro) arrastradas por un disolvente (alcohol) en movemento. Permite separar, por procedementos físicos, os compoñentes dunha mestura, neste caso os distintos pigmentos de rotuladores, bolígrafos e tinta.

De esquerda a dereita: bolígrafo negro, BIC verde, rotulador azul  e rotulador vermello

Os alumnos e alumnas investigaron os distintos colorantes que aparecen nas mostras de distintas cores  , anotáronas nunha táboa e gardaron os resultados das súas cromatografías.

 

APADRIÑAMENTOS CIENTÍFICOS

APADRIÑAMENTOS CIENTÍFICOS

O día 9 de febreiro os alumnos e alumnas de 5º de primaria, coa colaboración do alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º  ESO, fixeron a actividade correspondente ao segundo trimestre 

“LOMBARDA COMO INDICADOR DE ACIDEZ”

 

As distintas sustancias poden ser ácidas, neutras ou alcalinas (básicas), e as súas propiedades son distintas. As sustancias que  utilizamos a diario (na agricultura, en veterinaria, medicamentos, produtos de limpeza, na construción, alimentos…) e os líquidos do noso corpo teñen un grao de acidez distinto, e para medir esta acidez usamos o pH, que é una escala numérica do 0 ao14.

·         Os valores entre 0 e 7 → indican que a sustancia é ácida.

·         O valor 7 → indica que a sustancia é neutra (nin ácida nin básica)

·         Os valores entre 7 e 14 → indican que a sustancia é alcalina (básica)

A lombarda ten un pigmento  violeta escuro, que cambia de cor cando se mezcla cunha sustancia ácida ou alcalina, por eso se utiliza como indicador.

Os alumnos/as investigaron esta propiedade  nas distintas mostras: Almax (medicamento), Aspirina (medicamento), bicarbonato de sodio, Volvone (produto de limpeza), amoníaco doméstico (produto de limpeza e quitamanchas), cemento, cal, cinza,  viño branco, vinagre, zume de limón, leite, xabrón feito na casa, auga da billa, lixivia, gaseosa, deterxente, pasta de dentes, Aquarius, …) Tamén se pode utilizar calquera refresco ( Coca-cola, Fanta, Sprite,…), champú, xel de baño, alimentos…

Os resultados de pH obtidos , segundo a coloración das mostras, anotáronos nunha táboa.

 pH>                                                                                           pH<  

                                                                                                                      

APADRIÑAMENTOS CIENTÍFICOS

Os alumnos e alumnas de 4º de  Educación Primaria coa colaboración do alumnado de 3º ESO, fixeron a acividade:

“Dendrocronoloxía. Que nos contan as árbores?”

Para esta actividade os alumnos/as utilizan cortes transversais de distintas árbores e fotografías para calcular a idade das árbores e otros aspectos  que poden aparecer nas mostras.

Para calcular a idade é preciso coñecer cando foi cortada a árbore e, contando cara ao interior, podémoslle dar a cada serie de aneis (claros e escuros) o seu ano exacto de formación e a idade da árbore.

As series de anchura de aneis permiten a investigación en numerosos campos: son un rexistro do tempo e un arquivo dos acontecementos pasados.

Como os aneis conteñen información de todos os factores ambientais que inflúen na súa formación (auga, temperatura, luz, nutrientes, presenza de outras árbores, incendios, deslizamento de terrenos…), os alumnos e alumnas estudiarán outros aspectos como a existencia de canas antigas, crecemento asimétrico, distinto ritmo de crecemento, cicatrices… indicando a que poden ser debidas.

 

CONFERENCIA E EXPERIENCIAS SOBRE RESISTENCIA DE MATERIAIS

 

O arquitecto de Castroverde, Marcos Rubinos, deu unha conferencia sobre esforzos e resistencia de materiais. Resultou especialemente interesante que todos os asistentes puideran experimentar con gomas e ver os esforzos de tracción, compresión e flexión. Tamén  practicaron con tizas o esforzo de torsión e o ángulo de rotura. Noutro momento visualizáronse os mecanismos da vida cotiá onde o corte ou cizalladura son o esforzo que máis condiciona a forma e dimensións desa estructura.

Os exemplos de estructuras próximas como as  cerchas do pavillón polideportivo A Ferreiría, as das torres do tendido eléctrico e outras de vivendas do rural así como os esforzos en máquinas agrícolas, axudaron a entender moitos conceptos de enxeñería e arquitectura que están presentes na vida cotiá.

APADRIÑAMENTOS CIENTÍFICOS

Alumnos de 4º de ESO e 6º de Primaria extraendo o ADN dos chícharos.

Máis fotos

Distribuir contenido