Club de Ciencia

CLUB DE CIENCIA: CÉLULAS EPITELIALES

Os alumnos/as de 5º curso de Educación Primaria observaron ao microscopio a estructura básica das células. Cada alumno/a sacou una mostra das súas células da mucosa bucal (célula animal), e levaron fotografías delas.

Para observar as células vexetais utilizaron una mostra que sacaron dunha folla de Iris. Nesta mostra tamén pudieron observar cloroplastos (que conteñen clorofila) e estomas.

Células da mucosa bucal (400X)

Cloroplastos en folla de Iris

Estomas en epidermis de folla de Iris

APADRIÑAMENTOS CIENTÍFICOS: PIGMENTOS FOTOSINTÉTICOS

 

O día 28 de setembro os alumnos e alumnas de 4º de primaria, coa colaboración do alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO, fixeron a actividade correspondente ao primeiro trimestre

EXTRACCIÓN E SEPARACIÓN DE PIGMENTOS FOTOSINTÉTICOS

A cor verde dos vexetais é debido á presenza de dous pigmentos estreitamente emparentados chamados clorofila a e clorofila b, que están dentro dos cloroplastos das células vexetais xunto a outros pigmentos chamados carotenoides (carotenos e xantofilas). Estes pigmentos fotosintéticos son utilizados polas plantas para absorber (captar) enerxía da luz solar. A clorofila é o pigmento utilizado universalmente na fotosíntese.

PIGMENTO

COR

Clorofila a

Verde azulado

Clorofila b

Verde amarelento

Carotenos

Laranxa

Xantofilas

Marelo


Coa chegada do outono a cor verde diminúe nas follas facendo posible que se poidan ver as outras cores, que sempre estaban presentes, pero quedaban escondidas detrás da abundante cor da clorofila.

Os pigmentos marelos, laranxas, vermellos, morados, púrpuras, marróns… volvense dominantes ata que a folla cae… e as árbores empezan a prepararse para o inverno.

Para extraer os pigmentos das follas usamos alcohol de 96o.

 

 

A mestura de pigmentos separamola usando unha técnica que se chama cromatografía. Esta técnica permítenos separar sustancias segundo a velocidade con que se movan polo papel ao seren arrastradas polo líquido en movemento. 

 

CLASIFICANDO INVERTEBRADOS

O día 28 de setembro, os alumnos e alumnas de 3º Educación Primaria, coa colaboración do alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 3º  ESO, fixeron a actividade correspondente ao primeiro trimestre 

CLASIFICANDO INVERTEBRADOS

Os invertebrados son animais que pertencen ao Reino Animalia e constitúen o grupo   máis numeroso da Terra. Están adaptados a todas as formas de vida, desde os fondos mariños ata as montañas máis altas. Soamente  os insectos representan algo máis das  tres cuartas partes de todos os animais. Calcúlase que por cada persoa hai 200 millóns de insectos.

Os menos/as recolleron animais invertebrados nas súas casas e, no laboratorio, observaronos e clasificaronos  segundo as súas características máis importantes.

Para poder observalos con detalle, usaron as lupas de man e as lupas binoculares (estereomicroscopios).

CLUB DE CIENCIA

Os humanos puidemos trascender as limitacións do noso sentido da vista con ferramentas que fan visible o pequeno e invisible para os nosos ollos. A capacidade de resolución do ollo humano é limitada, xa que só é capaz de percibir obxectos dun tamaño maior de 0,1 mm.

Gracias ao avance da ciencia e a tecnoloxía, actualmente contamos con instrumental especializado que nos permite observar organismos vivos ou estruturas que son invisibles  a simple vista.

O martes, 25 de setembro, os alumnos e alumnas de 5º primaria utilizaron estes dispositivos ópticos (lupas de man, estereomicroscopios e microscopios) para observar os minerais que forman as rochas, insectos ou pelos humanos.

Ollos que non ven, microscopios que o resolven !!!

EXPERIMENTO DO INVERNADOIRO

APADRIÑAMENTOS CIENTÍFICOS

Os alumnos/as de 6º de Primaria , coa colaboración do alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º  ESO, fixeron a actividade correspondente ao terceiro trimestre :

EXPERIMENTO DO INVERNADOIRO

A Terra compórtase como un grande invernadoiro, sendo a súa cuberta a atmosfera. Determinados gases  como o dióxido de carbono (CO2) e o vapor de auga,  son os responsables de que a atmosfera actúe deixando pasar a radiación infravermella do sol, que quenta a superficie, e impiden que abandone directamente a atmosfera. Este efecto é esencial para a vida no planeta, mantendo globalmente unha temperatura media ao redor dos 15 0C .

A este fenómeno coñéceselle como efecto invernadoiro . Se non existira un efecto invernadoiro natural, a temperatura da Terra sería duns  -18 0C.

O aumento da concentración de certos gases (CO2, O3, CH4,  NO2 e CFC)  pola actividade humana  ou por outras causas, fai  aumentar temperatura media da Terra (incremento do efecto invernadoiro).

A atmosfera evita os cambios bruscos de temperatura, filtra os raios ultravioleta, contén gases fundamentais para procesos como a respiración e a fotosíntese, etc.  É a manta que protexe á Terra.

C:\Users\eva\Documents\eva\Apadriñamentos científicos\Experimento do  invernadoiro\Imaxes\invernadero.jpg C:\Users\eva\Desktop\Invernadoiro\20180612_102231 - copia.jpg

As nubes , o vapor de auga e os gases de

invernadoiro devolven á Terra parte das radiacións  

que reflexa a superficie terrestre.

O cristal permite o paso das radiacións procedentes

do Sol, pero non o paso das que reflexa o solo do

invernadoiro.

 Como chovía, non puidemos facer o experimento no exterior e, en vez do Sol, usamos bombillas. Un recipiente de vidro incoloro e transparente  simulou as condicións da Terra e o efecto invernadoiro. Dentro colocamos una planta de leituga e un termómetro e deixamos outra planta e outro termómetro  fóra do recipiente de vidro. Rexistramos as temperaturas exterior e interior cada tres minutos nunha táboa e fixemos as gráficas correspondentes a ditas temperaturas para demostrar o efecto invernadoiro.

 

Distribuir contenido