Club de Ciencia
APADRIÑAMENTO CIENTÍFICO: DISECCIÓN DUN MOLUSCO (MEXILLÓN)
Os alumnos/as de 3º de primaria, coa colaboración dos alumnos e alumnas de 4º de ESO, realizaron a actiividade de laboratorio correspondente ao terceiro trimestre:
DISECCIÓN DUN MOLUSCO (MEXILLÓN) Nome científico do mexillón: Mytilus edulis ou Mytilus galloprovincialis |
O mexillón é un molusco (invertebrado) bivalvo abundante nas costas rochosas e cultivado para o consumo humano. Aliméntase por filtración de partículas de pequeno tamaño que se encontran na auga mariña. As partes máis importantes son: pé, masa visceral, manto e cuncha.
Para protexer o corpo brando posúe dúas pezas calizas protectoras chamadas valvas. Estas valvas articúlanse entre elas permitindo a apertura para alimentarse e o peche para protexerse de depredadores ou da desecación en marea baixa.
Para fixarse no litoral exposto ás ondas do mar posúe unha glándula produtora de filamentos que se pegan ás rochas e resisten a forza das ondas.
Os alumnos/as empezaron estudiando a cuncha e a función das distintas partes e, despois, a anatomía interna identificando e separando os distintos órganos.
CLUB DE CIENCIA. QUIMIOLUMINISCENCIA NO LABORATORIO
Quimioluminiscencia no laboratorio
Experimento de quimioluminiscencia. Máis ou menos… vagalumes artificiais.
A luminiscencia é un proceso de emisión de luz que non é motivada pola calor (luz fría). Se son os seres vivos os que emiten luz, chámase bioluminiscencia. Nalgunhas reaccións químicas tamén se produce luz e daquela falamos de quimioluminiscencia.
Unha das reaccións químicas máis coñecidas é a do Luminol, que se emprega en investigación forense.
Os alumnos/as de 1º ESO xa estudiaron seres vivos bioluminiscentes e neste experimento comprobarán, utilizando o luminol, como podemos obter luz no laboratorio.
Biolumniscencia: vagalume | Bioluminiscencia: Plancton |
CONFERENCIA DE ÁFRICA GONZÁLEZ SOBRE NANOMEDICINA
EDUMOTIVA: NANOTECNOLOXÍA, REALIDADE OU FICIÓN
O venres 13 de abril, ás 13.25 horas, no salón de actos do CPI de Castroverde tivo lugar unha conferencia de África González que se encadrou nunha serie de iniciativas para fomentar as competencias STEAM entre o alumnado, especialmente entre as rapazas, achegándolles exemplos de mulleres que destacan en campos de ciencias e tecnoloxía. Esta actividade puido celebrarse grazas ó programa Edumotiva que pretende promover entre o alumnado valores como a motivación, o esforzo, o pensamento crítico e o traballo en equipo. A conferencia resultou moi interesante tanto para o alumnado como para o profesorado, xa que deu a coñecer a infinidade de aplicacións da nanotecnoloxía e da nanomedicina.
África González: Doutora en medicina e cirurxía, é catedrática de inmunoloxíada na Universidade de Vigo, onde lidera un grupo de investigación de inmunoloxía. É presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía e directora do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) da Universidade de Vigo. É un referente a nivel nacional e internacional en inmunoloxía básica e aplicada; o seu traballo actual céntrase en desenvolver unha vacina para tuberculose, así como en nanomedicina e estudo da toxicidade de nanomateriais. Traballou co Dr. César Milstein (premio Nobel pola tecnoloxía dos anticorpos monoclonais) en Cambridge. Recentemente foi premiada como muller innovadora a nivel europeo por promover a empresa NanoImmunoTech.
DISECCIÓN DUNHA XARDA
DISECCIÓN DUN PEIXE (XARDA)
Nome científico da xarda: Scomber scombrus
O día 6 de abril, os alumnos/as de 5º de primaria, coa colaboración dos alumnos e alumnas de 4º de ESO, realizaron a primeira actividade de laboratorio correspondente ao terceiro trimestre. Tamén contamos coa presenza dunha alumna, Alba, do Practicum do Mestrado Universitario, que está facendo as prácticas docentes de Bioloxía e Xeoloxía.
Os alumnos/as empezaron estudiando a anatomía externa do peixe e a función das distintas partes e, despois, a anatomía interna identificando e separando os distintos órganos e anotando se o peixe era macho ou femia. Para rematar, puideron observar con estereomicroscopio escamas de sargo e de lubina.
APADRIÑAMENTOS CIENTÍFICOS: PRESENZA DE VITAMINA C EN FROITAS, HORTALIZAS E ZUMES
APADRIÑAMENTOS CIENTÍFICOS
O día 9 de marzo, os alumnos/as de 6º de primaria, coa colaboración dos alumnos e alumnas de 4º de ESO, realizaron a actividade de laboratorio correspondente ao segundo trimestre
PRESENZA DE VITAMINA C, EN FROITAS, HORTALIZAS E ZUMES DE FROITA
Para investigar a cantidade relativa de vitamina C nas distintas mostras, os alumnos e alumnas utilizaron como referente unha solución de Redoxón de concentración coñecida e, como indicador, unha solución de Indofenol que perde a súa cor azul en presenza de Vitamina C.
Canto maior sexa a cantidade de vitamina C presente na mostra, menor será a cantidade que hai que engadir para decolorar a solución de indofenol.
Ao rematar o estudio de cada mostra, colocaron os resultados por orden de maior a menor contido en vitamina C.
a) Mostras + Solución de Indofenol |
b) Resultados |