Club de Ciencia

APADRIÑAMENTOS CIENTÍFICOS: EXTRACCIÓN DE PIGMENTOS FOTOSINTÉTICOS

O 28 de outubro, alumnos de 4º da ESO, explicáronlles aos de 4º de Primaria que as plantas conteñen varios pigmentos, os cales se poden extraer por disolución en disolventes orgánicos e despois separarse por cromatografía.

Os pigmentos que atopamos nas plantas superiores e que facilmente podemos identificar son:

-        Clorofila A: de cor verde.

-        Clorofila B: de cor verde amarelento.

-        Xantofilas: de cor amarelo claro.

-        Carotenos: de cor alaranxado.

Para a práctica empregamos  follas de espinaca e xeranio, e o resultado  da cromatografía foi o que se ve nas fotos.

APADRIÑAMENTOS CIENTÍFICOS: OBSERVACIÓN DE INVERTEBRADOS

O luns, día 28 de outubro, comezamos un ano máis cos apadriñamentos científicos.

Coa axuda de 3 alumnas e un alumno de 3º da ESO realizamos a primeira das actividades desta avaliación, dirixida a alumnado de 3º de Primaria. Dita actividade consistiu na observación, estudo e clasificación de pequenos invertebrados recollidos nas proximidades do centro ou da colección que temos no laboratorio de Ciencias da Natureza. Coa axuda de lupas de man e binoculares, puideron observar diferentes tipos de aparatos bucais nos insectos, diferentes tipos de ás e patas e moitísimas máis curiosidades destes animais.

APADRIÑAMENTOS CIENTÍFICOS: OS VECIÑOS QUE NON VEMOS

Terceiro Trimestre

(Os veciños que non vemos)

 

Todos/ as coñecemos aos nosos/ as veciños/ as. Eles viven porta con porta e podemos velos un día si e outro tamén. Eso si, aínda que non os vexamos sabemos que están aí, que existen. Pero, realmente coñecemos a toda a nosa veciñanza? Eu coido que non e, grazas aos avances da ciencia e a tecnoloxía, actualmente contamos con instrumental especializado que nos permite observar microorganismos vivos que son invisibles a simple vista e que comparten connosco a súa área de crecemento e desenvolvemento.
Durante o terceiro trimestre os/ as alumnos e alumnas 3ºEP, 4ºEP, 5ºEP e 6ºEP realizaron unha serie de actividades para averiguar que tipo de veciños invisibles ao noso ollo conviven connosco. Démoslles de comer e esperamos a ver se eran quen de amosarse. Os resultados obtidos aparecen a continuación!!!  
Dar a grazas tamén ao alumnado de 4ºESO que se encargou de realizar as tincións necesarias para poder observalos máis polo miúdo no microscopio.
 VER MÁIS FOTOS

APADRIÑAMENTOS CIENTÍFICOS: EFECTO INVERNADOIRO

Os alumnos/as de 6º de Primaria, coa colaboración do alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 3º ESO, este mércores 15 de maio, realizou a actividade correspondente ao terceiro trimestre:

EXPERIMENTO DO INVERNADOIRO

A atmosfera evita os cambios bruscos de temperatura, filtra os raios ultravioleta, contén gases fundamentais para procesos como a respiración e a fotosíntese, etc. É a manta que protexe á Terra.

Pódese decir que a Terra compórtase como un grande invernadoiro, sendo a súa cuberta a atmosfera. As nubes e determinados gases, coñecidos como GEI (Gases Efecto Invernadoiro) entre os que destacan o dióxido de carbono (CO2) e o vapor de auga, son os responsables de que a atmosfera actúe deixando pasar a radiación infravermella do sol, que quenta a superficie, e impiden que abandone directamente a atmosfera. Este efecto é esencial para a vida no planeta, mantendo globalmente unha temperatura media ao redor dos 15 ºC.

A este fenómeno coñéceselle como efecto invernadoiro. Se non existira un efecto invernadoiro natural, a temperatura da Terra sería duns -18 ºC.

O aumento da concentración de certos gases (CO2, O3, CH4, NO2 e CFC) pola actividade humana ou por outras causas, fai aumentar temperatura media da Terra provocando un incremento artificial deste efecto invernadoiro).

Realizouse o experimento no exterior. Un recipiente de vidro incoloro e transparente simulou as condicións da Terra e o efecto invernadoiro (o cristal permite o paso das radiacións procedentes do Sol, pero non o paso das que reflicte o solo do invernadoiro). Dentro colocamos unha planta de leituga e un termómetro e deixamos outra planta e outro termómetro fóra do recipiente de vidro. Rexistramos as temperaturas exterior e interior cada tres minutos nunha táboa e fixemos as gráficas correspondentes a ditas temperaturas para demostrar o efecto invernadoiro.

O día era moi caluroso polo que o alumnado de 6ºEP foi quen tamén de observar como o vidro do recipiente se empapaba como consecuencia da transpiración das plantas.

APADRIÑAMENTO CIENTÍFICO:“LOMBARDA COMO INDICADOR DE ACIDEZ”

O día 8 de maio os alumnos e alumnas de 5º de primaria, coa colaboración do alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO, fixeron a actividade correspondente ao terceiro trimestre

“LOMBARDA COMO INDICADOR DE ACIDEZ”

As distintas substancias poden ser ácidas, neutras ou alcalinas (básicas), e as súas propiedades son distintas. As substancias que utilizamos a diario (na agricultura, en veterinaria, medicamentos, produtos de limpeza, na construción, alimentos…) e os líquidos do noso corpo teñen un grao de acidez distinto, e para medir esta acidez usamos o pH, que é una escala numérica do 0 ao 14.

·        Os valores entre 0 e 7 → indican que a substancia é ácida.

·        O valor 7 → indica que a substancia é neutra (nin ácida nin básica)

·        Os valores entre 7 e 14 → indican que a substancia é alcalina (básica)

A lombarda ten un pigmento violeta escuro, que cambia de cor cando se mestura cunha substancia ácida ou alcalina, por eso se utiliza como indicador.

Os alumnos/as investigaron esta propiedade nas distintas mostras: Almax (medicamento), Aspirina (medicamento), bicarbonato de sodio, Volvone (produto de limpeza), amoníaco doméstico (produto de limpeza e quitamanchas), cemento, cal, cinza,  viño branco, vinagre, zume de limón, leite, xabrón feito na casa, auga da billa, lixivia, gaseosa…) Tamén se pode utilizar calquera refresco ( Coca-cola, Fanta, Sprite,…), champú, xel de baño, alimentos…

Os resultados de pH obtidos, segundo a coloración das mostras, anotáronos nunha táboa e as fotos con ditos resultados aparecen na foto anterior.

Distribuir contenido