Club de lectura
TERTULIA LITERARIA DIALÓXICA SOBRE O DIARIO DE ANA FRANK
O día 31 de xaneiro de 2019 terá lugar unha tertulia sobre unha selección de textos do diario de Ana Frank. A tertulia estará coordinada pola profesora Nanda Suárez Méndez. Inivitamos a asistir a todas as persoas que o desexen. Celebrarase no salón de actos do CPI Plurilingüe de Castroverde. Achégase o arquivo da selección de textos realizada pola profesora Nanda Suárez. |
TERTULIA LITERARIA DIALÓXICA SOBRE CONCEPCIÓN ARENAL
Tras unha breve introducción da profesora Nanda Suárez Méndez sobre Concepción Arenal, fixemos unha tertulia dialóxica sobre un dos seus ensaios sobre a muller. Foi o 29 de novembro de 2018, xoves, no salón de actos do CPIP de Castroverde. Estivo dirixida á totalidade do alumnado de educación secundaria e e para todas as persoas adultas que quixeron asistir. A tertulia estivo coordinada pola profesora Cristina González Grandas. Houbo unha elevada participación, dialogando sobre as reflexións desta intelixente muller do século XIX, sobre os seus logros e sobre a situación da muller nesa época e tamén sobre a discriminación que segue habendo na sociedade actual.
TERTULIA SOBRE POEMAS DE BLAS DE OTERO
O luns 28 de maio celebrouse a última tertulia literaria dialóxica do curso sobre poemas de Blas de Otero.
TERTULIA LITERARIA DIALÓXICA: YO ROBOT
O día 26 de febreiro alumnas e alumnos de 1º e 2º de ESO participaron na tertulia de Yo Robot. Na foto, un momento da mesma.
VISITA DE MARÍA ZARAGOZA
María Zaragoza estivo no nosos centro o día 19 de febreiro e compartiu con nós momentos inolvidables.