Club de lectura

TERTULIA ARTÍSTICA SOBRE PAUL CÉZANNE

Como xa é habitual nas tertulias artísticas plásticas comezamos contemplando directamente a obra escollida. Nesta ocasión o óleo sobre lenzo de Paul Cézanne " A mesa da cociña. Natureza morta con cesta" pintado entre os anos 1888 e 1890 pertencente ó Museo de Orsay de París. A lámina é do mesmo tamaño cá orixinal e reproducida coa máxima fidelidade. Seguidamente pasamos á tertulia dialóxica literaria cunha selección de textos do propio autor recollida no libro Paul Cézanne.Leer la naturaleza. Casimiro libros, Madrid 2014.

ENLACE AO TEXTO

ENLACE AO CADRO

ALUMNAS E ALUMNOS DE 3º DE ESO REPRESENTAN UN CONTO DE MARÍA ZARAGOZA A E.I. E 1º E 2º DE PRIMARIA

O 6 de febreiro, alumnas e alumnos de 3º de ESO representaron o conto de María Zaragoza aos alumnos de Infantil, a primeira hora e despois aos de 1º e 2º de primaria. Uns e outros disfrutaron moito desta experiencia.

 

VER FOTOS DO EVENTO                            

TERTULIA DIALÓXICA CONXUNTA DOS DEPARTAMENTOS DE LINGUA GALEGA E CASTELÁ

Hoxe, 17 de xaneiro, fixemos una tertulia sobre o libro que leron no segundo ciclo da ESO. Os alumnos de cuarto  leron a novela de César Mallorquí As bágoas de Shiva en galego e en terceiro  leron  Las lágrimas de Shiva en castelán. As dúas profesoras, Ana e Cristina, consideraron interesante facer una posta en común e una tertulia sobre este libro. Participaron os alumnos que trouxeran o material necesario para participar nela e penso que resultou moi gratificante. Primeiro fomos analizando frases ou temas que ían aparecendo en cada capítulo para finalmente facer comentarios xerais sobre os asuntos que aparecen no libro. Foi fermoso descubrir como cada un de nós ten una visión diferente dos textos, de feito algún parágrafo sinalado pareceu  máis fermoso ao ser lido en voz alta, mais fermoso que coa lectura en silencio. Saíron moitios temas, a desigualdade da muller, a chegada do home a lúa, a necesidader de manter o mundo limpo, o olor a nardos que percorre todo o libro coa aparición da misterios Beatriz, as historias de amor do libro coas dificultades pola clase social ou a cor no caso de Beatriz e dun impedimento familiar de rencores que foron pasando de xeracón en xeracón no caso da curmá de Xavier e os Mendoza. Na convocatoria pasada do Clube de lectura tivemos a sorte de coñecer ao autor, César Mallorquí, o fillo do famoso autor das obras de O Coyote, novelas de vaqueiros que marcaron una xeración, que nos pareceu un home cercano e interesante, pero o mellor de todo é que os nosos alumnos e alumnas disfrutaron coa súa lectura, valorando o libro positivamente.

VÍDEO CONFERENCIA CON MARÍA ZARAGOZA

O 27 de novembro tivemos a sorte de eascoitar a María Zaragoza falando do seu libro Sortilegio cos rapaces de 4º de ESO. Cada un deles fixo un vídeo coas opinións deste libro que leron na clase de lingua castelá nesta primeira avaliación.

ENLACE AOS VÍDEOS

TERTULIA DIALÓXICA SOBRE TEXTO DE Chimamanda Ngozi Adichie

O 20 de novembro de 2017 tivo lugar a xuntanza dialóxica sobre o célebre e breve ensaio “Todos deberíamos ser feministas” da escritora nixeriana Chimamanda Ngozi Adichie. O texto orixinal, de 72 páxinas, recolle o emblemático discurso que deu a autora no seu TEDx Talk sobre o que significa ser feminista no século XXI.

Adichie naceu en Nixeria en 1977. O seu pai era profesor de estatística e a súan nai traballaba tamén na universidade como secretaria. Aos 19 anos mudouse aos Estados Unidos onde estudou Comunicación e Ciencias Políticas na universidade de Drexdel, en Filadelfia. Posteriormente continuou os seus estudos na Universidade Estatal do Leste de Connecticut, na que se graduou no 2001. Tamén levou a cabo estudos de escritura creativa na Universidade John Hopkins de Baltimore e obtivo un máster de estudos africanos na Universidade de Yale.

 A pesar da súa produción narrativa, entre a que se atopan obras galardonadas con prestixiosos premios como “Purple Hibiscus” (A Flor Púrpura) e  “Half of a Yellow Sun” (Medio Sol Amarelo), foi a súa charla de TED a que lle deu fama mundial, ata o punto de que nun país como Suecia, cada estudante recibe aos 16 anos un exemplar.

Após a lectura das 14 páxinas escollidas a comunidade fíxose consciente da necesidade de que homes e mulleres se consideren feministas, malia a confusión e as reticencias que este concepto soe xerar. Debateuse sobre a incidencia da maternidade na vida das mulleres, e se esa diferenza biolóxica (a capacidade de xestar e aleitar) debería ou non determinar diferenzas tan marcadas na vida laboral e persoal de homes e mulleres. Comentáronse aspectos relevantes do texto como o concepto de feminismo, a diferenza salarial entre homes e mulleres, o peso das tradicións, e outros.

Ao finalizar a xuntanza, a coordinadora da mesma, propuxo facer unha reflexión sobre o feito de que as nenas participen menos que os nenos en todas as xuntanzas que se realizan no centro, incluída unha xuntanza feminista coma esta, na que se debaten temas que as prexudican moito máis a elas. Como di Chimamanda “Ás nenas aprendémoslles a encollerse, a facerse máis pequenas”.

 

 

Distribuir contenido