Club de lectura

LETRAS GALEGAS FEMININAS

Para celebrar o Día das Letras Galegas  fixemos unha tertulia literaria titulada : "Letras Galegas Femininas". Os textos ,na súa maioría poéticos,  pertencían ás seis autoras ás que se lles leva adicado esta festividade .Asistiu o alumnado de 3° e 4° ESO que comentaron os textos ,deron a súa visión sobre o contido deles , reflexionando e relacionándoo con situacións moi actuais.

INTERCAMBIO CO CPI DR. LÓPEZ SUÁREZ

 

 

Intercambio do Club de Lectura do CPIP de Castroverde e o CPI Dr. López Suárez de Friol,para comentar a obra "Donas de nós " de Ánxela Gracián.

No encontro,celebrado na biblioteca do centro, contamos coa presenza da autora que nos explicou cando escribiu a obra,o significado e o motivo do nome dos protagonistas,o obxectivo da obra...

O alumnado preguntou e deu opinións sobre o contido do libro e un grupo realizou unha lectura dramatizada das escenas finais da obra.

Despois percorremos un curto traxecto do Camiño Primitivo,o que vai desde Vilar de Cas ata A Pallota.

Visitamos o cemiterio de Soutomerille e fixemos unha parada na igrexa do mesmo nome.

Rematada a andaina, paramos para repoñer forzas cun xantar campestre na Pallota.

O encontro rematou coa lectura de dous poemas da obra "Paisaxes de pan" por parte da autora,Ánxela Gracián,que nos acompañou durante toda a actividade.

CLUBE DE LECTURA DE PWRSOAS ADULTAS

Club de lectura de persoas adultas. Reunión sobre o libro de Xurxo Mariño  "Unha mente que voa: unha mirada a evolución da linguaxe"

Día da Poesía. Actividade realizada pola Biblioteca e o Club de Lectura

  

No CPIP de Castroverde, celebramos o Día da Poesía cun recital no que o alumnado da ESO leu poemas en varias linguas. Algunhas delas, linguas nativas como o árabe ou o romanés, xunto co galego e o castelán. Tamén poemas en francés e inglés e, mesmo se atreveron co portugués e o italiano. Tamén se escoitaron poemas musicados por diferentes artistas ( A Banda da Loba, Rosalía ou Los Suaves). 

DÍA DE ROSALÍA EN ESO. ACTIVIDADE DE MÚSICA E LINGUA GALEGA

No CPIP de Castroverde celebramos o Día de Rosalía  coa interpretación musical dun dos seus poemas, o titulado "Alborada"; o alumnado de 1° e 3° ESO leu o manifesto escrito pola Asociación de Escritores en Lingua Galega e fíxose ,nun dos taboleiros de secundaria,unha exposición de poemas da autora galega e de poemas adicados a ela.Ademais nas clases de Lingua Galega léronse e escoitáronse algúns poemas da autora.

 
Distribuir contenido