Club de lectura

TERTULIA DO 30 DE XANEIRO

O luns 30 de xaneiro, no horario de tarde, conmemoramos o Día da Paz escolar en secundaria, cunha tertulia sobre unha escolma de textos da Guerra Civil en Galicia. Resultou unha tertulia moi interesante e con gran participación, na que quedou especialmente subliñado que incluso en tempos de guerra, debemos tratar de manter os nosos principios e valores.

TERTULIA DO DÍA DA PAZ

 O 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Este día conmemórase a partir de 1964 e dende setembro de 2015 cobra nova forza, xa que precisamente, o obxectivo número 16 da Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible é  “Paz, xustiza e institucións sólidas”. Por este motivo o luns 30 ás 15:25 realizaremos unha Tertulia no salón de actos do centro sobre unha escolma de documentos que reflicten diferentes situacións vividas durante a Guerra Civil española en Lugo e en Galicia. Poden acudir as familias á tertulia e participar se así o desexan. Con este motivo compartimos aquí o texto case íntegro. Tivemos que modificar dous parágrafos por tratarse de información obtida na exposición permanente de O Vello Cárcere de Lugo, indicándoseme que para compartila en redes necesitaba o permiso de Cultura do Concello de Lugo. Solicitei dito permiso pero este non chegou no momento no que se escriben estas liñas (venres 27 de xaneiro), polo que modifiquei aqueles fragmentos que non fun quen de atopar noutras fontes de información. As modificacións están feitas de tal manera que non cambia o texto que aparece en cada páxina, para que se poida seguir a tertulia sen problema. Outra opción é recoller as fotocipias orixinais no propio centro o día da tertulia ou mirar polas dos fillos e fillas.
A profesora de Xeografía e Historia: Nanda.

PASEO LITERARIO POR CASTROVERDE

O alumnado de 1º de ESO fixo un paseo literario pola vila de Castroverde.

RECITAL DE POEMAS NA TORRE DA HOMENAXE

O venres 29 de abril vivimos un momento medieval recitando poemas de Jorge Msnrique na Torre da Homenaxe. Un momento con moita maxia!

TERTULIA DE LINGUA GALEGA SECUNDARIA

O Departamento de Lingua Galega e Literatura  organiza unha Tertulia literaria que se celebrará o día  9 de maio para  3º e 4º ESO e o 10 de maio para 1º e 2º ESO.
O tema tratado é  : "O mundo da aldea".  Comentaranse textos poéticos de diversos autores  do século XIX e, sobre todo XX, e mesmo XXI, que describen o mundo tradicional galego ,  e textos  dos medios de comunicación, basicamente noticias e reportaxes que    reflicten  o mundo rural actual con temáticas como a agricultura ecolóxica, os parques eólicos, o abandono do rural...
A tertulia  será nos Salón de Actos do CPIP de Castroverde.

Os textos da tertulia están nos arquivos adxuntos.

Distribuir contenido