TERTULIA DO DÍA DA PAZ

 O 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Este día conmemórase a partir de 1964 e dende setembro de 2015 cobra nova forza, xa que precisamente, o obxectivo número 16 da Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible é  “Paz, xustiza e institucións sólidas”. Por este motivo o luns 30 ás 15:25 realizaremos unha Tertulia no salón de actos do centro sobre unha escolma de documentos que reflicten diferentes situacións vividas durante a Guerra Civil española en Lugo e en Galicia. Poden acudir as familias á tertulia e participar se así o desexan. Con este motivo compartimos aquí o texto case íntegro. Tivemos que modificar dous parágrafos por tratarse de información obtida na exposición permanente de O Vello Cárcere de Lugo, indicándoseme que para compartila en redes necesitaba o permiso de Cultura do Concello de Lugo. Solicitei dito permiso pero este non chegou no momento no que se escriben estas liñas (venres 27 de xaneiro), polo que modifiquei aqueles fragmentos que non fun quen de atopar noutras fontes de información. As modificacións están feitas de tal manera que non cambia o texto que aparece en cada páxina, para que se poida seguir a tertulia sen problema. Outra opción é recoller as fotocipias orixinais no propio centro o día da tertulia ou mirar polas dos fillos e fillas.
A profesora de Xeografía e Historia: Nanda.

AdjuntoTamaño
Tertulia Guerra Civil en Lugo e Galicia sin Vello Cárcere.pdf1.08 MB