Centro plurilingüe e auxiliar de conversa

HOUSES IN MY VILLAGE. LAST ENGLISH PROJECT 2023

Último proxecto na área de inglés en 1° de ESO.

A organización se fixo de xeito individual e en parellas ou grupos según  o momento do proceso.

Nesta ocasión traballamos apoiandonos na área de Plástica  así como nas TIC. 

Traballamos na excelencia creando grupos de expertos que monitorizaban a outros e, que á súa vez, axudaban en cadea ós seguintes para crear códigos QR con audios que describen un auténtico  tour polas súas casas animándovos a visitalas. Non só crearon eses códigos QR senón que aprenderon a subir un arquivo a drive así como  a compartilo enseñando a outras compañeiras e compañeiros.

Traballamos na inclusión ó aportar cada un dos 23 compoñentes a súa pegada en función  das súas fortalezas sen perder ningunha etapa do proceso.

Contribuimos a mellorar a convivencia creando grupos  de axuda que fomentaron vínculos que doutra maneira non se conseguirían.

E todo isto, sen olvidar o fin lingüístico da actividade donde manexamos un variadísimo vocabulario, estructuras gramáticas aprendidas no curso,localización  de emplazamentos,etc mellorando o noso writing,speaking e listening.

O decorado de fondo da contorna de Castroverde  cos seus edificios e monumentos mais representativos serviron de marco perfecto para situar a súa vila no plano.

Agradezo de maneira especial a axuda da profesora de Plástica  Montse García que sempre colaborou de xeito tan creativo en tantos proxectos, ás alumnas e alumnos que colaboraron nel e,especialmente, ó alumnado de 1° de ESO  polo interés e o esforzo que amosaron.

Podedes visitar a exposición cos vosos dispositivos para escoitar cada un dos audios.Un recordo que lles quedará para o futuro cando volvan a escoitar a súa voz a través de ese código QR.

Non o dubides!!

Come and go on our tours!!

Distribuir contenido