Centro plurilingüe e auxiliar de conversa

PRETTY RITTY (3rd)

 

Aquí está ao vídeo da reperesentación. Preme para velo. E este é o guión.

 

 

DYNAMIC ENGLISH

Xornada de xogos na área de lingua inglesa co 1° ciclo da ESO.

A sesión de hoxe  dividiuse en dúas partes con dinámicas diferentes: Un "Running Dictation" donde exercitamos a nosa memoria, listening,speaking e writing aderezado coa rapidez e habilidade  superando obstáculos nun circuito previamente colocado con 4 equipos enfrentados.

Na segunda parte da clase implementamos unha dinámica  individual  dentro de cada un dos 4 equipos con xogo de dados practicando as partes de gramática  desta última unidade: prepositions of place.

As actividades interdisciplinares que integran a áreas como  neste caso a Educación física resultan altamente estimuladoras  para o alumnado ó estructuralas en equipos ademais de ser  inclusivas e poder así ser disfrutadas por todos.

Deseñar e implementar  actividades que impliquen a un alto espectro de alumnado con distintos niveis na súa competencia lingüística ,aportando cada un as súas fortalezas é un dos fins que debe perseguir unha auténtica educación  inclusiva e si ademáis  o pasamos ben e aprendemos xa é éxito  asegurado.

 

Enjoy your English!!!

 

Distribuir contenido