Dinamización da Lingua Galega

LECTURA COAS FAMILIAS:MAMUT LANUDO

 Despois da visita do papá de Juan traballamos o conto titulado Mamut Lanudo na nosa aula. Seguimos a traballar o grafismo creativo, a orientación espacial, conceptos: arriba e abaixo, pero sobre todo a nosa creatividade e imaxinación.

APADRIÑAMENTO LECTOR DE 6º DE PRIMARIA E 5º DE EI

Este venres fomos á nosa biblioteca do centro a disfrutar dunha actividade que nos gusta moito: os apadriñamento lectores. Os nosos padriños e as nosas madriñas trouxéronnos uns contos super divertidos, algúns en galego e outros en castelán, ata algún con pictogramas. Desfrutamos moito coa lectura e de poder estar un ratiño cos nenos e nenas maiores. Moitas gracias por vir a facer con nós esta actividade.

LECTURA CON FAMILIAS EN 5º DE EI

Estas últimas semanas viñeron a mamá de Aida e a mamá de Carmen lernos á nosa bibliotecas. Os contos que nos leron erran dos seus fogares e cóntanos moi a miúdo.

OITO PATAS

O Samaín danos moito xogo, e presentámosvos outra actividade desta data.  Fixemos Grafismo con este conto de Ana Meilán.

 

Así de bonita quedou utilizando nesta ocasión trazo oblicuo.

Distribuir contenido