Dinamización da Lingua Galega

CONTACONTOS DE A APALPADORA

Polo Nadal contamos coa presenza de A Apalpadora no noso centro e nós na clase tamén fixemos unha debuxo que como vemos nós á Apalpadora. Ben bonito que nos quedou!!

 

LECTURA COAS FAMILIAS: MIMI E A XIRAFA AZUL

Esta semana acompañounos na nosa biblioteca,  Cristina, a mamá de Lara de 5º de Ed. Infantil. Para esta actividade, Lara escolleu este conto do que se fala da chegada á familia dun irmán cunha grave discapacidade. Polo tanto traballamos a diario os valores de respecto, inclusión, aceptación, axuda, colaboración, fomentando a comunicación, expresar e compartir sentimentos, e sobre todo transmitir unha visión positiva da discapacidade. Gustounos moito e vamos a traballalo na aula e xa veredes o resultado dentro dun días.

LECTURA COAS FAMILIAS: PEDRO E O LOBO

A semana pasada, veu a facer con nós a lectura en familias na aula de 5º Ed. Infantil, Crsitina a mamá de Diego. E para esta ocasión Diego elexiu para que a súa mamá nos lera o conto titulado: Pedro e o lobo. Deste conto aprendemos que non se poden dicir mentiras, porque cando che suceda algo de verdad, igual non tes quen che axude, por que non van a crer en ti.

GUAPA

Aqui vos amosamos a importancia de ser  como somos e de aceptarnos tal e como nos vemos.

 

A través deste conto titulado GUAPA, traballamos a educación emocional, tan importante nestas idades

LECTURA COAS FAMILIAS:MAMUT LANUDO

 Despois da visita do papá de Juan traballamos o conto titulado Mamut Lanudo na nosa aula. Seguimos a traballar o grafismo creativo, a orientación espacial, conceptos: arriba e abaixo, pero sobre todo a nosa creatividade e imaxinación.

Distribuir contenido