Dinamización da Lingua Galega

INTERCAMBIO CO CPI LÓPEZ SUÁREZ DE FRIOL

 

O alumnado de 3° ESO tivo un encontro do Club de Lectura co alumnado do CPI López Suárez de Friol .Xuntámonos  primeiro en Friol. Na biblioteca do centro intercambiamos comentarios sobre a obra que leramos en común : "Instrucións para tomar café' de Núñez Singala. Despois fixemos unha visuta guiada ao Castelo de San Paio de Narla.

O día que nos xuntamos en Castroverde ,fixemos unha visita á Igrexa de Vilabade e á Torre Homenaxe do Castelo de Castroverde e,na biblioteca do centro, o alumnado de ambos os dous centros escenificaron algúns dos relatos da obra lida . Entre os relatos elixidos estaban ,entre outros, "Cocido familiar", "A excursión " ou "Exceso de celo".Ao final da mañá xantamos xuntos na Veiga do Olmo. 

Foi unha actividade que gustou moito. 

 

Para o curso que vén, organizaremos outro enconto.

LETRAS GALEGAS EN EI

Para conmemorar o día das Letras Galegas, fixemos un marcapáxinas de Francisco Fernández del Riego. Mirade que bonito nos quedou e que ben escribimos o seu nome!!

ACTIVIDADES DAS LETRAS GALEGAS EN ESO

O alumnado de 1° ESO elaborou cartaces con información sobre a súa vida ,obra,premios recibidos...Os traballos están expostos nun dos taboleiros do corredor de secundaria.

O alumnado de segundo ideou unha ruleta de palabras relacionada cos autores e autoras aos que se lles adicou o Día das Letras Galegas. Palabras sobre os seus nomes,apelidos,lugar de nacemento, obras literarias...

O alumnado de 3° e 4° de ESO participou nunha tertulia literaria celebrada o luns,día 15, no horario de tarde no Salón de Actos. 

A tertulia titulouse: " A cultura popular galega na literatura. Tipos populares galegos" . Os textos seleccionados eran lendas sobre os mouros, mouras,covas e tesouros; contos populares sobre o demo,diaño,trasno ou trasgo,os lobos e os lobishomes e tamén poemas e outros textos sobre a gaita e o gaiteiro.

 

Foi unha actividade moi enriquecedora porque @s participantes contaron contos e historias escoitadas aos seus maiores con estes personaxes da nosa literatura popular.

UN DÍA CON ESTRELA

Na aula de 3 anos estivemos uns días máis traballando con Rosalía de Castro. Soubemos que a flor do pensamento era unha das flores que a ela lle gustaba e nós decidimos reflexada tamén na nosa actividade. E como o día de Rosalía, é un día con estrela, nós fixemos un ceo cheo de estrelas e no centro a imaxe da estrela máis grande, unha imaxe de Rosalía.  Esperamos que vos guste!!
Distribuir contenido