Blogues

 

Este Hoxe mércores 20 de setembro, contamos coa presenza de Allison Maykall Solís, artista costarricense que visita a nosa cidade no marco das residencias artísticas @atopemonosbailando.

"Dende dentro" é o obradoiro que Allyson impartirá ao noso alumnado de 5° e 6° de Grao Profesional, "onde o ritmo e a herdanza navegan entre o xogo e a improvisación.
Co ritmo de maneira lúdica, atopar formas inusuais e prácticas para movilizar o corpo, dende as posibilidades que ofrece a música.
Improvisación para a busca do herdado e o propio xunto a frases dinámicas que engloben o traballo inicial, cara a fisicalidade"
Moitas grazas @maykally_ e @atopemonosbailando por expandir a proposta ata o noso centro.

Iniciamos este novo curso cun obradoiro de acondicionamento físico da man de María Jesús Peces Barba, bailarina, fisioterapeuta e creadora do seu propio método (ADAPT METHOD) que emprega nas clases de acondicionamento físico para bailaríns. Un placer e un luxo contar con ela.
O obradoiro está dirixido ao alumnado de Grao profesional de ambas especialidades, e terá lugar os días 12, 13 e 14 de setembro na Aula Polivalente do CDAN no seguinte horario:
1º e 2º GPAB_ 16.30- 17.30
3º e 4º GPAB_ 18.00-19.00
5º e 6º GPAB_ 19.30- 20.30
Interesad@s apuntádevos na conserxería do centro .

Aberto o prazo de inscrición para os cursos de danza clásica e danza contemporánea organizados pola ANPA do CDAN do 4 ao 7 de Setembro. Serán impartidos pola exalumna Clara del Valle e Armando Martén respectivamente.

Toda a información nos ficheiros adxuntos.

 

Algo moi chulo estamos a argallar coa orquesta de corda do Conservatorio Profesional de Música Xoan Montes.

Onte fixemos un primer ensaio con parte dos alumnos e alumnas que forman parte  da orquesta. Estams desexando compartir escena e que esta primeira colaboración sexa o inicio de moitas  máis.

 

 

Aberto o prazo de inscrición para o noso alumnado do Concurso Coreográfico 2023, que terá lugar o 27 de Abril no auditorio Gustavo Freire de Lugo.

Este ano a homenaxeada é a bailarina e coreógrafa Bronislava Nijinska.

O prazo de inscrición remata o 11 de Abril.

Deixamos adxuntas as bases de participación.

Anímense!

Distribuir contido