Skip to Content

NO RAMÓN DE ARTAZA ABOGAMOS POR QUERER FÁCIL

Esta mañá do 25 de novembro, no noso colexio, todas as nenas e nenos nos xuntamos para reivindicar relacións sas entre tódalas persoas. Relacións nas que se nos respecte, nas que se nos ensine a facer as cousas por nós mesm@s e repletas de bicos e agarimo. Para iso cantamos e signamos a canción “Quero fácil”, adaptada ó galego e grazas á cesión da súa autora Sandra Bernardo. Porque as nenas e nenos merecemos unha infancia na que se nos protexa e acompañe respectando as nosas necesidades. Querédenos fácil!

Seguimos realizando actividades para conmemorar o Mes da Ciencia en Galego.

O alumnado de 5º de primaria está levando a cabo o proxecto científico "Misión Alba".

Queres saber máis? Sorprendido

Presentación Proyecto Científico Infantil Ilustrado Pastel Violeta y Naranja de CEIP Ramón de Artaza

Esta semana no noso Centro, houbo unha asemblea da O.C.U (Organización de Civilizacións Unidas).

O motivo de que se escollese o Ramón de Artaza entre a morea de lugares propostos, é porque o tema anual deste curso xira ao redor do estudo de diferentes civilizacións ao longo da Historia.

Representantes das civilizacións Maias, Tuareg, Exipto, Roma, Grecia e Inca viñeron de todos os recunchos do mundo para traballar pola paz do planeta.

Debido a inclemencias meteorolóxicas, non deron chegado os representantes da civilización Maori, pero contamos con eles en futuros contactos.

Que o traballo que fagamos ao longo do curso, dea bos froitos e gañemos en coñecemento, empatía e respecto polos que viven dun xeito diferente ao noso!

" O bo amor é de ida e volta: quérote e quérome, cóidote e cóidome". Walter Riso.

A xenerosidade da autora Sandra Bernardo permitiunos adaptar a súa canción "Quiero Fácil" o que lle agradecemos de corazón. O EDLG encargouse de poñer voz en galego (a ver se a recoñecedes) e en  LSE,  editando este  video  que nos servirá para ensaiar nas aulas. O venres 25 cantarémola todos xuntos/as como mostra do noso rexeitamento á violencia contra a muller e o noso desexo de QUERERNOS FÁCIL.

 

 

 

     

 

 

 

 



by Dr. Radut