Skip to Content

NO RAMÓN DE ARTAZA ABOGAMOS POR QUERER FÁCIL

Esta mañá do 25 de novembro, no noso colexio, todas as nenas e nenos nos xuntamos para reivindicar relacións sas entre tódalas persoas. Relacións nas que se nos respecte, nas que se nos ensine a facer as cousas por nós mesm@s e repletas de bicos e agarimo. Para iso cantamos e signamos a canción “Quero fácil”, adaptada ó galego e grazas á cesión da súa autora Sandra Bernardo. Porque as nenas e nenos merecemos unha infancia na que se nos protexa e acompañe respectando as nosas necesidades. Querédenos fácil!

Seguimos realizando actividades para conmemorar o Mes da Ciencia en Galego.

O alumnado de 5º de primaria está levando a cabo o proxecto científico "Misión Alba".

Queres saber máis? Sorprendido

Presentación Proyecto Científico Infantil Ilustrado Pastel Violeta y Naranja de CEIP Ramón de Artaza

Esta semana no noso Centro, houbo unha asemblea da O.C.U (Organización de Civilizacións Unidas).

O motivo de que se escollese o Ramón de Artaza entre a morea de lugares propostos, é porque o tema anual deste curso xira ao redor do estudo de diferentes civilizacións ao longo da Historia.

Representantes das civilizacións Maias, Tuareg, Exipto, Roma, Grecia e Inca viñeron de todos os recunchos do mundo para traballar pola paz do planeta.

Debido a inclemencias meteorolóxicas, non deron chegado os representantes da civilización Maori, pero contamos con eles en futuros contactos.

Que o traballo que fagamos ao longo do curso, dea bos froitos e gañemos en coñecemento, empatía e respecto polos que viven dun xeito diferente ao noso!

" O bo amor é de ida e volta: quérote e quérome, cóidote e cóidome". Walter Riso.

A xenerosidade da autora Sandra Bernardo permitiunos adaptar a súa canción "Quiero Fácil" o que lle agradecemos de corazón. O EDLG encargouse de poñer voz en galego (a ver se a recoñecedes) e en  LSE,  editando este  video  que nos servirá para ensaiar nas aulas. O venres 25 cantarémola todos xuntos/as como mostra do noso rexeitamento á violencia contra a muller e o noso desexo de QUERERNOS FÁCIL.

 

"A ciencia está chea de momentos épicos coma este. Coñecelos e transmitilos é un deber no que todos, non soamente os que somos científicos, debemos participar. Amigos: temos unha historia da ciencia tan rica como descoñecida. Cando leades unha historia coma esta, facédea vosa e transmitídea, porque cada vez que a contedes estaredes sementando a curiosidade pola ciencia e contribuiredes a facer medrar no noso pobo unha cultura científica moi necesaria, que nos permitirá avanzar como sociedade e nos fará máis libres." José Tubío
 
Preme na imaxe para acceder a un mundo de recursos científicos en galego dende a páxina de Bibliotecas Escolares.

 

 

 

E  por sorte o tempo permitiunos degustar as castañas no patio e compartir unha mañá estupenda de xogos e ledicia.

Moitas grazas ás familias pola súa colaboración e aos profes e a Emilio por asarnos tan ben as castañas e organizarnos un xogos tan divertidos.

Preme na imaxe para ver o video resumo e verás o ben que o pasamos!

 

 

 

Hoxe foi un día terrorífico: escuridade, berridos e

sustos polos corredores. Nada era o que parecía pero.....

PASÁMOLO DE MEDO!!!

 

 

O estudo de gravación de RadioPataca xa está preparado para un novo curso! Risa

Os nenos e nenas de 1º preparamos unhas rimas para festexar o día de Samaín.

Queredes escoitalas? 

 Flecha Hacia Abajo De Color Naranja. Signo 3d Brillante Curvo Ilustración  del Vector - Ilustración de muestra, fuente: 186969627

Os nenos e as nenas de 4ºA traballaron en grupos cooperativos para facer estes relatos tan terroríficos!

Atentos ao resultado Sorprendido 

Flecha Hacia Abajo De Color Naranja. Signo 3d Brillante Curvo Ilustración  del Vector - Ilustración de muestra, fuente: 186969627

 

 

 

En 6ºB ata fixeron os seus propios efectos especiais para darlle vida aos contos de Samaín 

Chulísimos! Guay

Flecha Hacia Abajo De Color Naranja. Signo 3d Brillante Curvo Ilustración  del Vector - Ilustración de muestra, fuente: 186969627 

Calabazas de murciélago Gratis Dibujos Animados Imágene|Illustoon ES

Non esquezas subscribirte para estar ao tanto de todas as novidades!

 

 

 

     

 

 

 

 



by Dr. Radut