Skip to Content

A muller na Ciencia. Irene Villar Rúa: unha científica muradana

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021/2022

ADMISIÓN CURSO 2021/2022  

 

 

ADMISIÓN 2021/2022

PRAZOS

Presentación da solicitude de admisión centros adscritos. Reserva de praza para o alumnado de 6º EP do noso centro que desexe ser adscrito ao IES Plurilingüe Fontexería.

FORMALIZACIÓN DA RESERVA:

Do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro

Presentación da solicitude de admisión reserva de praza.

(Alumnado que se matricula por primeira vez no centro)

Xunto coa fotocopia cotexada do libro de familia ou DNI do/a neno/a.

FORMALIZACIÓN DA RESERVA:

     A solicitude será única segundo o modelo ANEXO II, que poderá:

Nestes casos a instancia deberá ser entregada en prazo no centro.

  • Cubrir a solicitude a través da Sede Eléctrónica.

Do 1 ao 22 de marzo

No caso de haber máis solicitudes que prazas:

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo.

10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo de presentación de solicitudes

Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido.

Antes do 25 de abril

Reclamacións ás listaxes (3 días hábiles contados  dende o día seguinte da publicación).

3 días hábiles

Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido.

Antes  15 de maio

Formalización da matrícula en Educación Infantil e Primaria. ANEXO III. Documentación complementaria.

Do 20 ao 30 de xuño

 

FELICITACIÓN NADAL CURSO 2020/2021

 

FELICITACIÓN NADAL 2020/2021

Dende o CEIP Ramón de Artaza desexámoslle a toda a comunidade educativa unhas Felices Festas e un venturoso 2021. 

Que este Nadal espalle alegría, saúde e prosperidade na nosa comunidade. BO NADAL !

 

 
 

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO MATRICULADO EN ED. PRIMARIA

 

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA, ESO E EDUCACIÓN ESPECIAL NO CURSO 2020/21.

(Orde do 6 de novembro de 2020)

Alumnado destinatario

Alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial:

a)   Non ten que presentar solicitude:

 O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.

b)  Ten que presentar solicitude:

 O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

SOLICITUDES (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR).

 

• Forma de presentación da solicitude: Unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a.

• Prazo:

 1. Para o alumnado matriculado no centro no día de publicación da orde no Diario Oficial de Galicia: 10 días hábiles a partir do seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia, é dicir, do 16 ao 27 de novembro de 2020.

 

 

 

 

 
   

DOCUMENTOS ELABORADOS PARA A ADAPTACIÓN DO CENTRO Á SITUACIÓN DA COVID-19 NO CERSO 2020/2021.

DOCUMENTACIÓN CURSO 2020/2021

 

Estimadas familias:

Neste apartado iremos publicando os documentos elaborados polo centro para a adaptación do mesmo á situación da COVID-19 no curso 2020-2021.

 

 

 
   

NORMAS FUNCIONAMENTO CURSO 2020/2021

CURSO 2020/2021

CLICAR!: Guía Informativa Familias Plan Adaptación COVID-19

 

Seguindo a Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, o comezo de curso para o alumnado farase de xeito gradual, coas seguintes indicacións:

1. O día 10 de setembro comezará a asistir o alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil (Infantil de 3 e 4 anos), 1º, 2º e 3ºcurso de Educación Primaria.

2. O día 11 de setembro tamén se incorporará o alumnado de 6º de Educación Infantil (Infantil de 5 anos), 4º, 5º e 6º curso de Educación Primaria.

3. O alumnado de Ed. Infantil (os 3 niveis) terán un período de adaptación que será comunicado por parte das titoras a cada familia na vindeira semana.



Normas de Funcionamento de Centro para este inicio de curso:

- O uso da máscara será obrigatoria eEd. Primaria e altamente recomendable en Ed. Infantil.

- De xeito xeral, ningún familiar poderá acompañar ao alumnado dentro do recinto escolar. Só estará permitido acompañante por alumna/o durante o período de adaptación no 4º nivel de Educación Infantil, que accederá á porta exterior da aula dende o patio dianteiro cumprindo as medidas sanitarias.

Nas saídas, as familias do alumnado non transportado agardarán no lugar indicado fóra do recinto cumprindo as medidas sanitarias.

 

transporte escolar funcionará en horario normal desde o primeiro día. Seguiranse as mesmas medidas que no transporte colectivo, uso de máscara e ocupación da totalidade dos asentos.

- O comedor escolar funcionará dende o primeiro día. Coa finalidade de poder garantir todas as medidas do Protocolo de Adaptación COVID neste servizo, a hora de recollida do alumnado será dende ás 14:30 a 15:00 h.  Os luns dende ás 16:15 ás 16:45 horas.

 



ENTRADA DO ALUMNADO

Dende ás 8:40 a 9:10 horas.

 

Alumnado non transportado:

 

Ed. Infantil:

  • 6º nivel de Ed. Infantil: ás 8:40 h.
  • 5º nivel de Ed. Infantil: ás 8:50 h.
  • 4º nivel de Ed. Infantil: ás 9:00 h.

Durante o Período de Adaptación, o horario estará suxeito ao calendario que se estableza no centro.

 

Ed. Primaria:

  • 5º e 6º nivel: ás 8:40 h.
  • 3º e 4º nivel: ás 8:50 h.
  • 1º e 2º nivel: ás 9:00 h.



Alumnado transportado:

  • O alumnado transportado accederá ao centro segundo a orde de chegada dos autobuses e de maneira escalonada.



O ALUMNADO DE ED. PRIMARIA SUBIRÁ ÁS AULAS DIRECTAMENTE UNHA VEZ ACCEDA AO CENTRO.



SAÍDA DO ALUMNADO

 

Alumnado non transportado:

 

Ed. Infantil:

  • 6º nivel de Ed. Infantil: Luns ás 15:00 h. Resto da semana ás 13:15 h.
  • 5º nivel de Ed. Infantil: Luns ás 15:00 h. Resto da semana ás 13:15 h.
  • 4º nivel de Ed. Infantil: Luns ás 15:00 h. Resto da semana ás 13:15 h.

Ed. Primaria:

  • 5º e 6º nivel: ás 13:25 h. Luns ás 15:00 h.
  • 3º e 4º nivel: ás 13:20 h. Luns ás 15:05 h.
  • 1º e 2º nivel: ás 13:30 h. Luns ás 15:10 h.

 

As familias agardarán no lugar indicado fóra do recinto.Deberán cumprir coas distancias de seguridade recomendadas. Prégase acudir un único adulto por alumno/a procurando permanecer o mínimo tempo posible unha vez saia do centro dito alumno/a.



Alumnado transportado:

 

Ed. Infantil:

  • O Luns dende ás 15:00 h. e resto da semana dende ás 13:15 horas, accederán ao autobús por niveis.

Ed. Primaria:

  • O luns dende ás 15:00 h. e resto da semana dende ás 13:20 h., o alumnado transportado sairá escalonadamente cara o seu autobús acompañado do profesorado.



USO DA MÁSCARA

- Tal e como establece o protocolo da Consellería de Educación, o alumnado de primaria ten a obriga do uso da máscara durante toda a xornada lectiva. É altamente recomendable o seu uso tamén en Infantil.

- Así mesmo, o alumnado deberá traer, ademais, unha segunda máscara de recambio, así como un estoxo específico para gardala.

 

CLICAR! ERROS MÁIS FRECUENTES NO USO DAS MÁSCARAS.

 

 

Prégase o cumprimento estricto dos horarios establecidos e das normas por parte de toda a comunidade educativa.



A saúde de cada un é responsabilidade de tod@s”

 
   

INCIO CURSO 2020/2021

CURSO 2020/2021

 

Con motivo de situación da pandemia que estamos a vivir e seguindo as instrucións das autoridades educativas, todos os trámites do centro, faranse preferiblemente de xeito telefónico ou telemático. No caso de ser imprescindible o acceso ao centro, deberá acudir con cita previa e respectando as medidas hixiénicas e de seguridade obrigatorias.

Pregamos a actualización do Abalarmóbil e revisar a web do centro frecuentemente, pois serán os medios empregados para as próximas comunicacións.

 

 
   
Distribuir contido


by Dr. Radut