Skip to Content

Estimadas familias:

 

O claustro de mestres/as do CEIP Ramón de Artaza quere darvos a benvida a este

novo curso escolar que comeza.

Segundo aparece recollido na orde do calendario escolar este curso 2023/2024, dará

comezo o vindeiro luns 11 no horario habitual do centro (08.50-15.10h). Comeza

igualmente o servizo de transporte e comedor  dentro do seu horario.

 

Sen máis, desexarvos novamente un bo inicio de curso para toda a nosa comunidade

educativa.

 



O noso centro, foi seleccionado no mes de xuño, previa solicitude de admisión para o programa "Educación Responsable" e á súa vez formar parte de Contratos-programa Inclúe.  Tres fases do proxecto con cadanseu ano que inclúen: formacion permanente do profesorado participante, noutra etapa formará ao resto do equipo docente e na derradeira, incorporaranse estas aprendizaxes no contexto educativo.

 

Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional,social e da creatividade é un programa educativo que se desenvolve en convenio de colaboracióncoa Fundación Botín, para, ademais de favorecer o desenvolvemento da educación emocional,social e da creatividade, promover a comunicación e mellora da convivencia nos centros docentes apartir do traballo co profesorado, co alumnado e coas familias. É un proxecto centrado naaplicación didáctica, dentro das áreas curriculares, dunha serie de recursos de educaciónemocional, social e creativa durante tres cursos, co fin de que os centros e os seus docentesimplanten o programa formando parte da rede de Centros Educación Responsable da ComunidadeAutónoma Galega, recibindo formación, recursos educativos e seguimento por parte da Conselleríade Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidadese da Fundación Botín.

*Adxuntamos resolución



Infórmase que está aberto o prazo de solicitude de axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria no vindeiro curso escolar.

PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 21 de xuño.

MODALIDADES:

- Axudas para adquirir Libros de texto: Alumnado de 1º e 2º curso E.P.

- Fondo Solidario de libros de texto: Alumnado de 3º a 6º curso de E.P.

- Axudas para adquirir material escolar: Alumnado de educación primaria de 1º a 6º curso de E.P.

FORMA DE PRESENTACIÓN:

- Preferiblemente por vía electrónica a través da aplicación Fondolibros.

- A través da sede electrónica da Xunta de Galicia

- Presencialmente na conserxería do centro de 10.00 a 12.00h.

 MÁIS INFORMACIÓN:

ORDE DO 10 DE MAIO DE 2024

ANEXOS I E II

 
   


Un ano máis a nosa biblioteca presenta o Concurso de relatos curtos Manuel Fabeiro Gómez. Con el pretendemos fomentar e incentivar o valor da expresión escrita entre a nosa comunidade educativa; e por iso, animámosvos a todos e todas a que participedes e nos contedes algunha historia, anécdota ou ocorrencia que vos pase polo maxín. Só tedes que lembrar que debe facer referencia dalgún xeito a algunha civilizacion da historia, colleres un papel e un lapis e deixar que voe a vosa imaxinación. 

Premendo na imaxe accederás ás bases do concurso.

Boa viaxe!!

 


        

 



by Dr. Radut