Skip to Content

Novas

Como instalar Abalar Móbil

COMO INSTALAR

ABALAR MÓBIL

Estimadas familias.

Recordámosvos que a Consellería de Educación conta cunha APP para teléfonos móbiles que permite establecer entre o centro e as familias unha canle de comunicación e que facilita a consulta de información académica dos vosos fillos e fillas a través do móbil desde calquera lugar.

Premendo na imaxe de máis abaixo poderedes descargar a aplicación para instalala nos vosos móbiles. Para poder instalala é preciso que o fagades co teléfono móbil que figura nos vosos datos persoais no centro.

app familias

 

Ademais aquí podedes descargar a guía de instalación e manexo

Se tedes atrancos para facelo (ou o número de teléfono está sen actualizar), comunicádeo ao centro no teléfono  881867360 para arranxalo.

 

VÍDEO EXPLICATIVO DE COMO INSTALAR E REXISTRASE


 

VÍDEO EXPLICATIVO DAS PRINCIPAIS FUNCIONALIDADES DE APP


 

GUÍA ABALAR MÓBIL PARA AS FAMILIAS

CALENDARIO ESCOLAR 2019/2020

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2019/2020

Infórmaselles que está aberto o prazo para presentar as solicitudes para o vindeiro curso académico 2019/2020 de:

  • Fondo solidario de libros de texto (para 3º, 4º, 5º e 6º de E.P.)

  • Axudas para adquirir libros de texto (para 1º e 2º de E.P.) para rendas per cápita familiares non superiores a 9.000 € no exercicio fiscal 2017.

  • Axudas para adquirir material escolar (para toda a E.P.) para rendas per cápita familiares igual ou inferiores a 5.400 € no exercicio fiscal 2017.

Prazo de presentación de solicitudes (ANEXO I): Ata o 21 de xuño.

Lugar e horario de presentación: Preferiblemente por vía electrónica ou na Secretaría do centro, en horario de 8:50 a 13:30 horas.

Poden presentar as solicitudes por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Neste caso será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno/a.

Todo o proceso está detallado na información adxunta.

 
   

CALENDARIO ESCOLAR 2018/2019

CALENDARIO ESCOLAR 2016/2017

Distribuir contido

        

 



by Dr. Radut