Skip to Content

Dependencias

ESTAS SON ALGUNHAS DAS NOSAS DEPENDENCIAS

 

O recibidor (Homenaxe a Sadako Sasaki)

 A cultura de Xapón relaciona ás grullas coa boa sorte e lonxevidade. Por iso unha antiga lenda xaponesa conta que quen consiga facer mil grullas de origami conseguirá ver cumprido o seu máis grande desexo.
 
Esta lenda, tan vella como o tempo, reviviu na metade do século XX e foi Sadako Sasaki, unha nena xaponesa quen se encargou de facelo. Sadako tiña dous anos cando estalou a bomba de Hiroshima, cidade na que vivía, onde, só no ano da masacre, 1945, morreron máis de 140.000 persoas polo estalido ou as súas consecuencias posteriores.Tamén a Sadako afectáronlle as radiacións e nove anos máis tarde diagnosticáronlle leucemia; na súa loita contra a enfermidade decidiu crear mil grullas para curarse da súa enfermidade, pero non puido conseguir o seu propósito e morreu en 1955 despois de encartar 644 grullas. Os seus amigos proseguiron a simbólica tarefa de completar as mil grullas coa esperanza de que se acabasen as guerras no futuro.

O noso centro tamén creou as grullas que lle faltaron a Sadako para chegar ás 1000. Desta maneira, expresamos os nosos desexos de PAZ NO MUNDO!

                                                                                                                                                                 

 

Patio de Educación infantil

Aulas Gandhi (Dep.Orientación)

 Aula de Psicomotricidade

 Aula de informática I


 
 
Biblioteca

 Entrada
  
  Aula multiservizos
Laboratorio idiomas  
Laboratorio de idiomas  
Distribuir contido

        

 



by Dr. Radut