CEIP Pulrilingüe Ramón de Artaza e MalvárezAgra de Baño 1, Serres (San Xoán)15259 MurosCódigo de centro: 15009998cep.ramon.artaza@edu.xunta.galTeléfono: 881867360
O CEIP RAMÓN DE ARTAZA MANIFESTOUSE CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA.
O mércores 21 de novembro o alumnado e profesorado do colexio muradán adiantouse na conmemoración do Día Internacional da Violencia contra a Muller que será o vindeiro domingo 25. Todo o alumnado vestido de negro ao unísono, formando un gran lazo negro na pista do colexio, cantaron e interpretaron en linguaxe de signos a canción de Guadi Galego “Chea de Vida”. Seguidamente leuse un manifesto contra a violencia de xénero adquirindo o firme compromiso de defender a igualdade dos nenos e nenas en todos os ámbitos. Para finalizar, soltaron globos negros e violetas simbolizando o desprendemento de toda actitude machista e a defensa da igualdade entre mulleres e homes. Por outro lado, o acto tivo lugar en presencia da Sra Alcaldesa, Mª Xosé Alfonso , que visitou o centro co gallo da campaña “Muros en Negro” agasallando a todos presentes cunha pulseira conmemorativa deste día.