Skip to Content

 

 

PROCESO DE ADMISIÓN PARA

 

O CURSO 2023/2024

 

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 1 ao 20 de

marzo.

 

O proceso de admisión poderase facer telematicamente a través da aplicación AdmisionAlumnado da CCEFPU ou presencialmente no centro educativo en horario de 10:30 a 12:30 horas.

 

FORMALIZACIÓN DA ADMISIÓN:

Solicitude única no centro no que se solicita praza en primeiro lugar, pedindo ata 6 centros por orde de preferencia, segundo o ANEXO II asinado por ambos proxenitores agás en casos de violencia de xénero.

Achegarase fotocopia cotexada do libro de familia, DNI dos proxenitores e do/a neno/a (se o ten).

 

INFORMACIÓN RELACIONADA CO PROCESO:

- Normativa reguladora:

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Orde do 21 de outubro de 2022pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

- Calendario do proceso de admisión curso 2023/2024.

- Vacantes ofertadas para o curso 2023/2024.

- ANEXO II.

 
   


 

Só para o alumnado de 6º de Ed. Primaria e  alumnado da E.E.I

de Muros.

  • O Prazo de presentación de solicitudes para a reserva de praza no IES Plurilingüe Fontexería (Muros)será  do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro (ambos inclusive).

 

 

  • Presentación no CEIP Ramón de Artaza ou en claquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA.

 

Toda a información completa do procedemento en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/PaxinaInicio.action.

 


        

 



by Dr. Radut