Skip to Content

40º aniversario do Museo do Pobo Galego

O 29 de outubro de 1977 o antigo convento de San Domingos de Bonaval, titularidade do Concello de Santiago en virtude da desamortización de 1835 abría tres das súas salas como primeiro xermolo do Museo do Pobo Galego, que vellos e mozos galeguistas impulsaban dende un ano antes coa intención de facer revivir o proxecto museográfico ao que aspirara o antigo Seminario de Estudos Galegos. Este sábado Bonaval vestiuse de festa para celebrar que, corenta anos despois, o Museo segue adiante mantendo intacto o seu modelo independente de preservación da cultura e a identidade galega. Non esquezades visitalo.

 

No marco das actividades do cadraxésimo aniversario o Museo do Pobo Galego organiza, ata o 3 de novembro, xornadas especiais de portas abertas con aceso libre das 11 da mañá ás oito da tarde nas que as persoas que o desexen poden ser acompañadas por persoal e membros do padroado. Ademais dos eventos organizados no propio recinto o programa do aniversario inclúe tamén acordos con outras entidades como a Asociación PuntoGal, que ofrece unha promoción especial na adquisición do dominio galego en internet.

 

 

 

     

 

 

 

 



blog | by Dr. Radut